Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 16 de abril de 2018 Páx. 20682

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación da sentenza dos autos 312/2017.

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 312/2017 por instancia de Elena Cajigal Fariña contra Méndez Pérez Hermanos, S.L. (desistida), Sanmar Niños, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, en que se ditou auto de aclaración de sentenza, con data do 23.10.2017 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución

Estímase a demanda formulada por Elena Cajigal García fronte ás empresas Sanmar Niños, S.L. e Méndez Pérez Hermanos, S.L. (desistida), con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Sanmar Niños, S.L. á traballadora.

– Declárase extinguida a relación laboral que une a traballadora coa mercantil Sanmar Niños, S.L.

– Condénase a empresa Sanmar Niños, S.L. ao aboamento á demandante da indemnización de sete mil novecentos setenta e catro euros con trinta e sete céntimos de euro (7.974,37 euros).

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Méndez Pérez Hermanos, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 23 de marzo de 2018

A letrada da Administración de xustiza