Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 16 de abril de 2018 Páx. 20700

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 2 de abril de 2018, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transporte terrestre (expediente DX-00082-I-2017 e dous máis).

A persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade ditou a resolución dos expedientes sancionadores número DX-00082-I-2017 e dous máis, por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas , a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmase que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5A, 2º en Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, cobrarase pola vía de constrinximento, segundo o previsto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2018

David Conde Varela
Subdirector xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

DX-00082-I-2017

Obstrución

Lamas Moreno, Pablo

44482018H

A negativa ou obstrución á actuación dos servizos de inspección que imposibiliten total ou parcialmente o exercicio das funcións que legal ou regulamentariamente teñan atribuídas.

7.3.2017; 13.40

Art. 140.12 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros

LU-00681-O-2017

5597-HWV

Julio Rodríguez Amorín

53183250M

O exceso igual ou superior ao 25 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 25 %.

8.3.2017; 23.29; N-VI; 543,8

Art. 140.23 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 euros

PO-01200-S-2017

2248CGV

Yolanda Carvajal Comesaña

36156409H

A desatención total ou parcial ás instrucións ou requirimentos dos membros da inspección do transporte terrestre ou das forzas encargadas da vixilancia do transporte na estrada.

17.1.2017; 9.50; r/ Conde de Torrecedeira

Art. 140.12 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros