Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 16 de abril de 2018 Páx. 20734

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCION do 22 de marzo de 2018, do Servizo Provincial da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación -trámite de urxencia-, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na AC-116, treito Río do Pozo-AC-114, punto quilométrico 4+120-6+500, de clave AC/16/061.06, no concello de Narón.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia, establece no seu punto 2 a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

Con data do 21 de novembro de 2017, procédese á aprobación do proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na AC-116. Treito: Río do Pozo-AC-114, p.q. 4+120-6+500, de clave AC/16/061.06, no termo municipal de Narón, polo director da Axencia Galega de Infraestruturas, por delegación da conselleira de Infraestruturas e Vivenda.

Con data do 30 de novembro de 2017, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para os efectos de expropiación para as mencionadas obras polo Decreto 129/2017, publicado no DOG núm. 240, do 20 de decembro.

Na súa virtude e, en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56, e seguintes do Regulamento para a súa aplicación, este servizo, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convocar os titulares de bens e dereitos afectados, para que comparezan no lugar, a data e a hora que se citan para proceder ao levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determinar os bens e dereitos afectados, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Lugar: sala de prensa (entresollado casa do concello).

Pza. de Galicia, s/n, 15570 Narón.

– Data: 14 de maio de 2018.

Horario: das 10.00 ás 13.00 horas.

De: Abelleira Serantes, Dorinda a Grandal Grandal, Josefa.

– Data: 15 de maio de 2018.

Horario: das 10.00 ás 13.00 horas.

De: Jiménez Berral, Antonio a Vilariño Piñeiro, Mª de los Ángeles.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes, estarán expostos no concello de Narón e no Servizo Provincial da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 8ª, 15071 A Coruña).

Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e último recibo da contribución, así como certificado de conta con códigos IBAN e BIC, co fin de proceder aos sucesivos pagamentos que sexan procedentes mediante transferencia bancaria, podendo facerse acompañar pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado e ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servizo Provincial da Coruña, as alegacións que consideren pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos ao relacionar os bens afectados pola urxente ocupación.

Conforme establece o artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado servirá como notificación aos posibles interesados que non puidesen ser identificados, aos titulares de bens e dereitos que sexan descoñecidos, a aqueles dos que se ignore o seu domicilio, ou ben a quen, intentada a súa notificación, non se puidese practicar.

A Coruña, 22 de marzo de 2018

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña