Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 16 de abril de 2018 Páx. 20733

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 4 de abril de 2018 polo que se lles notifica ás interesadas o requirimento de documentación e a resolución de cesión relativa ao procedemento de cesión de predios con vocación agraria.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles as interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o requirimento de documentación e a resolución de cesión relativa ao procedemento de cesión de predios con vocación agraria.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

As interesadas poderán coñecer o texto íntegro da resolución nas dependencias de Agader (lugar da Barcia, nº 56, Laraño, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2018

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Expediente: 20083201185.

Interesada: Diana Puga Cañoto.

Acto que se notifica: requirimento de documentación.

Último domicilio coñecido: Vilaboa, 7, Paizás (San Salvador), 32811 Ramirás (Ourense).

Expediente: 20133600442.

Interesada: Aprovechamientos Forestales Villaverde, S.L.

Acto que se notifica: resolución de cesión temporal de predios.

Último domicilio coñecido: rúa Compostela, 16, 2ª B, 15680 Ordes (A Coruña).