Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 16 de abril de 2018 Páx. 20688

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

AUTO de aclaración (PO 1030/2012).

PO procedemento ordinario 1030/2012

Procedemento orixe: /

Sobre ordinario

Demandante: Ángel Vieites Suárez

Demandados: Copcisa, S.A., UTE Lavacolla, Construcciones Lorenzo Cao, S.L., UTE Corsan Corvian Construcción, S.A., Tecnología de la Construcción, S.A., Fondo de Garantía Salarial

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1030/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ángel Vieites Suárez contra Copcisa, S.A., UTE Lavacolla, Construcciones Lorenzo Cao, S.L., UTE Corsan Corvian Construcción, S.A., Tecnología de la Construcción, S.A., Fondo de Garantía Salarial, foi ditado un auto de aclaración co seguinte contido:

«Parte dispositiva

Dispoño: que [debo]aclarar e aclaro o auto de aclaración do 1 de setembro de 2014 (antecedido polo auto aclaratorio do 12 de maio de 2014, o auto aclaratorio do 2 de maio de 2014 e a sentenza estimatoria nº 62/2014 do 29 de xaneiro de 2014), modificando o teor literal do fundamento xurídico segundo deste nos termos seguintes e confirmando o resto dos termos no seu contido íntegro:

Onde di “... SEGUNDO... En consecuencia, a parte dispositiva debería quedar redactada nos seguintes termos: “Que, considerando a demanda promovida por Ángel Vieitez Suárez contra a empresa Construcciones López Cao, S.L. e o seu administrador concursal Marcos Fernández Delgado, contra o Fogasa e contra a UTE Lavacolla, debo condenar e condeno as codemandadas, solidariamente, ao aboamento das cantidade de 4.498,67 euros, cantidade da cal debe responder solidariamente, a UTE Lavacolla na cantidade de 2.520,61 euros, cantidade que se incrementará co xuro por demora do 10 % sobre a devandita cantidade... DISPOÑO... Corrixir o erro material padecido no feito primeiro da sentenza do 29 de xaneiro de 2014 nos termos mencionados ut supra...”.

Debe dicir “... SEGUNDO... En consecuencia, a parte dispositiva debería quedar redactada nos seguintes termos: “Que, considerando a demanda promovida por Ángel Vieitez Suárez contra a empresa Construcciones Lorenzo Cao, S.L. e o seu administrador concursal Marcos Fernández Delgado, contra o Fogasa e contra a UTE Lavacolla, debo condenar e condeno as codemandadas, solidariamente, ao aboamento da cantidade de 4.498,67 euros, cantidade da cal debe responder solidariamente a UTE Lavacolla na cantidade de 2.520,61 euros, cantidade que se incrementará co xuro por demora do 10 % sobre a devandita cantidade... DISPOÑO... Corrixir o erro material padecido no feito primeiro da sentenza do 29 de xaneiro de 2014 nos termos mencionados ut supra...”.

Notifíquese este auto ás partes comparecidas facéndolles saber que é firme e contra el non cabe interpor recurso ordinario ningún distinto do que, se for o caso, proceda interpor contra a resolución a que se refira a solicitude ou aclaración de oficio, de acordo co disposto no artigo 214.4 da Lei de axuizamento civil.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, da cal se unirá testemuño literal aos autos orixinais, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

A xuíz substituta A letrada da Administración de xustiza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Lorenzo Cao, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2018

A letrada da Administración de xustiza