Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 13 de abril de 2018 Páx. 20379

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DOI 410/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 410/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Rocío Liste Rodríguez contra Deus Creaciones, S.L.; Costura Invisible, S.L.; Shivshi, S.L.; Puntada Elaborada, S.L.; el Fogasa; administrador concursal de Confecciones Ideal, S.L., Ana María Barreiro Martínez; administrador concursal de Plataforma Costurera, S.L., Iberfis Titulados Mercantiles & González Seoane Abogados; administrador concursal de Shivshi, Alejandro Gimeno Bayón Forteza; administrador concursal de Gaviota Textil XXI, S.L., Calero Guillán Abogados, S.L.P.; administrador concursal de Confecciones Deus, S.L., Argo Asociados y Asesores Tributarios, S.L.P.; administrador concursal de Deus Creaciones, S.L., Argo Asociados Abogados y Asesores Tributarios, S.L.P.; administrador concursal de Costura Invisible, S.L., Argo Asociados Abogados y Asesores Tributarios, S.L.P.; Gaviota Textil XXI, S.L.; Bendita Costura, S.L.; Deus Deluxe, S.L.; Nuevo Siglo Textiles, S.L.; Pedracapela, S.L.; Vainica Doble, S.L.; Confecciones Ideal, S.L.; Confecciones Deus, S.L.; Confecciones Fraga, S.L.; Perseo Textil, S.L.; Plataforma Costurera, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento número 410/2017.

Demandante: María Rocío Liste Rodríguez.

Letrada: Sra. Vázquez Méndez.

Demandados:

• Confecciones Deus, S.L., Confección Ideal, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Pedracapela, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L. Gaviota Textil, S.L. (non comparecen).

• Administración concursal de Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Gaviota Textil, S.L. (non comparecen).

• Administración concursal de Confección Ideal, S.L., comparece Suárez Gestal.

Sentenza número 86/2018.

A Coruña, 20 de marzo de 2018.

Resolución:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por María Rocío Liste Rodríguez fronte ás entidades Confecciones Deus, S.L., Confección Ideal, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera S.L., Pedracapela, S.L. y Nuevo Siglo Textiles, S.L., e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento ou ben, a elección da empresa, a que extinga a relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

A devandita opción deberá exercerse en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que deben aboar as empresas solidariamente, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

• En concepto de indemnización e de optar a empresa por ela: a cantidade de 9.749,94 euros.

• En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 35,39 euros/día.

3º. Desestimo a acción de despedimento formulada pola demandante fronte a Gaviota Textil XXI, S.L. e Puntada Elaborada, S.L. polo que se ha de absolver de todo pedimento dirixido fronte a elas.

O Fogasa e a administración concursal de Confecciones Deus, S.L., Confección Ideal, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L. e Gaviota Textil, S.L. terán que pasar polo resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino.

Asinado. Javier López Cotelo.

Publicada no día da súa data.

Asinado. Marta Yanguas del Valle.

E para que sirva de notificación en legal forma a Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Perseo Textil, S.L., Bendita Costura, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Deus Deluxe, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Pedracapela, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Vainica Doble, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de marzo de 2018

A letrada da Administración de xustiza