Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 13 de abril de 2018 Páx. 20378

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 852/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña, fago saber que mediante a resolución ditada o día da data, no proceso seguido por instancia de Hugo Manuel Vázquez Vázquez contra Recoge Galicia de Gestión, S.L., sendo parte o Fondo de Garantía Salarial, en reclamación por despedimento, rexistrado co número de despedimento/cesamentos en xeral 852/2017, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), citar a Recoge Galicia de Gestión, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 20 de marzo de 2018, ás 11.30 horas, na planta baixa, sala 2, edificio anexo, para celebrar os actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é unha única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán pola falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando unha copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir a forma de auto ou sentenza, ou cando se trate dun emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistida de avogado ou representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou representada por procurador, deberá pór esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, unha vez trasladada tal intención ao demandante, este poida estar representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto do xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Para que lle sirva de citación a Recoge Galicia de Gestión, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 7 de marzo de 2018

A letrada da Administración de xustiza