Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 13 de abril de 2018 Páx. 20382

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DOI 433/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 433/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Roxandra Sandica Guzu contra Deus Creaciones, S.L., Confeccion Ideal, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Fogasa, Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Perseo Textil, S.L., administrador concursal de Deus Creaciones, S.L., Confecciones Deus, S.L., administrador concursal de Plataforma Costurera, S.L., administrador concursal de Gaviota Textil XXI, S.L., administrador concursal de Shivshi, S.L., administrador concursal de Costura Invisible, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento número 415/2017.

Demandante: Roxandra Sandica Guzu.

Letrado: Sr. Nouche Ferreira.

Demandados:

• Confecciones Deus, S.L., Confección Ideal, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible S.L., Shivshi, S.L., Confecciones Fraga, S.L. Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Pedracapela, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., administración concursal de Confección Ideal, S.L. (non comparecen).

• Administración concursal de Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Gaviota Textil, S.L. (non comparecen).

• Gaviota Textil, S.L. (non comparece).

• Administración concursal de Confección Ideal, S.L. (non comparece).

Sentenza nº 85/18.

A Coruña, 20 de marzo de 2018.

Resolución:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Roxandra Sandica Guzu fronte ás entidades Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Pedracapela, S.L. e Nuevo Siglo Textiles, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral na data desta sentenza. Todo iso con condena da empresa ao aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución.

2º. A indemnización que deben aboar empresas demandadas, segundo o disposto no número anterior, ascende á cantidade de 15.254,07 euros.

3º. Condeno as empresas demandas e condenadas a que aboen á traballadora os salarios de tramitación desde a data do despedimento á data da extinción da relación laboral no día de hoxe a razón de 36,56 euros/día, o que dá a cantidade de 12.869,12 euros.

4º. Desestimo a acción de despedimento formulada pola demandante fronte Gaviota Textil XXI, S.L., polo que se debe absolver de todo pedimento dirixido fronte a eles.

5º. O Fogasa e a administración concursal de Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L. e Gaviota Textil XXI, S.L. deberán pasar polo resolto na presente resolución.

6º. Tense a parte demandante desistida das pretensións dirixidas fronte á empresa Confección Ideal, S.L.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino.

Asinada. Javier López Cotelo.

Publicada no día da súa data.

Asinado. Marta Yanguas del Valle.

E para que sirva de notificación en legal forma a Confección Ideal, S.L., Costura Invisible, S.L., Confecciones Deus, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Perseo Textil, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de marzo de 2018

A letrada da Administración de xustiza