Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 13 de abril de 2018 Páx. 20385

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 22/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 22/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan José Meizoso Félix contra Segur Ibérica, S.A., Fogasa, Consorcio Landwell-Pricewaterhousecoopers Tax&Legal Services (administración), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Auto.

Maxistrado xuíz: Javier López Cotelo.

A Coruña, 20 de marzo de 2018.

Feitos.

Único. Nestes autos ditouse a Sentenza do 22 de febreiro de 2018. O demandante solicitou a rectificación dun erro material en tal resolución nos termos recollidos no escrito presentado con data do 9 de marzo de 2018.

Parte dispositiva.

Procede rectificar a sentenza ditada nos termos recollidos neste auto, de maneira que a resolución da sentenza ditada deberá substituída pola que segue:

«Estimo a demanda formulada por Juan José Meizoso Félix contra Segur Ibérica, S.A. e, en consecuencia, procede condenar esta a lle aboar ao primeiro a suma de 318,04 euros en concepto de débeda salarial, así como o xuro do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores.

O Fogasa e a administración concursal da empresa condenada deberanse ater ao resolto nesta resolución».

Contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Así o pronuncia, manda e asina Javier López Cotelo, xuíz do Xulgado de reforzo da Coruña.

Para que sirva de notificación en legal forma a Segur Ibérica, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir a forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de marzo de 2018

A letrada da Administración de xustiza