Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 11 de abril de 2018 Páx. 19799

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DOI 415/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento obxectivo individual 415/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mónica Regueiro García contra Costura Invisible, S.L.; Shivshi, S.L.; Puntada Elaborada, S.L.; Deus Creaciones, S.L.; o Fogasa, Gaviota Textil XXI, S.L.; Ana María Barreiro Martínez, administradora concursal de Confecciones Ideal, S.L.; José Antonio González Seoane, administrador concursal de Plataforma Costurera, S.L.; Alejandro Gimeno-Bayón Forteza, administrador concursal de Shivshi, S.L., Isaías González García, administrador concursal de Deus Creaciones, S.L.; Isaías González García, administrador concursal de Confecciones Deus, S.L.; Isaías González García, administrador concursal de Costura Invisible, S.L.; Juan Carlos Rodríguez Maseda, administrador concursal de Confecciones Fraga, S.L.; Calero Guillán Abogados, S.L.P., administrador concursal de Gaviota Textil XXI, S.L.; Bendita Costura, S.L.; Deus Deluxe, S.L.; Nuevo Siglo Textiles, S.L.; Pedracapela, S.L.; Plataforma Costurera, S.L.; Vainica Doble, S.L.; Confecciones Ideal, S.L.; Confecciones Deus, S.L.; Confecciones Fraga, S.L.; Perseo Textil, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento número 415/2017.

Demandante: Mónica Regueiro García.

Letrado: Sr. Pedreira Candal.

Demandadas:

• Confecciones Deus, S.L., Confección Ideal, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Pedracapela, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., administración concursal de Confección Ideal, S.L. (non comparecen).

• Administración concursal de Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Gaviota Textil, S.L. (non comparecen).

• Gaviota Textil, S.L. (non comparece).

• Administración concursal de Confección Ideal, S.L. (non comparece).

Sentenza número 81/18.

A Coruña, 12 de marzo de 2018.

Resolución:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Mónica Regueiro García fronte ás entidades Confecciones Deus, S.L., Confección Ideal, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Confecciones Fraga, S.L. Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Pedracapela, S.L. e Nuevo Siglo Textiles, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento ou ben, a elección da empresa, a que extinga a relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

A devandita opción deberá exercerse en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que deben aboar as empresas solidariamente, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

• En concepto de indemnización e de optar a empresa por ela: a cantidade de 21.181,68 euros.

• En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 36,10 euros/día.

3º. Desestimo a acción de despedimento formulada pola demandante fronte a Gaviota Textil XXI, S.L. e Puntada Elaborada, S.L., polo que se debe absolver de todo pedimento dirixido fronte a elas.

O Fogasa e a administración concursal de Confecciones Deus, S.L., Confección Ideal, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L. e Gaviota Textil, S.L. terán que aterse ao resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino.

Asinada. Javier López Cotelo.

Publicada no día da súa data.

Asinado. Marta Yanguas del Valle».

E para que sirva de notificación en legal forma a Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Perseo Textil, S.L., Bendita Costura, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Deus Deluxe, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Pedracapela, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Vainica Doble, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese as destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de marzo de 2018

A letrada da Administración de xustiza