Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 11 de abril de 2018 Páx. 19798

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1387/2013).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1387/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana Isabel Cernadas Touza contra ARL Proyectos y Jardinería, S.L., Ángela María Rodilla Longueira e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse resolución o 15 de marzo de 2018 contra a que se pode interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días. Faise saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a ARL Proyectos y Jardinería, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de marzo de 2018

O letrado da Administración de xustiza