Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 10 de abril de 2018 Páx. 19569

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Arteixo (expediente IN407A 2015/201-1).

Expediente: IN407A 2015/201-1.

Promotora: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Instalación: modificado 1 ao recuamento LMT GRN-708 rúa Brasil.

Concello: Arteixo.

Feitos.

1. O 19 de xuño de 2017, a promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. Características técnicas:

– Tramo liña eléctrica de media tensión aérea GRN-708 (actuación nº 1), a 15 kV, cunha lonxitude de 0,122 km, con orixe no apoio D-15, existente da LMT GRN-708, no tramo entre a subestación da Agrela 2 e a derivada ao CT Hotel Pastoriza (15PBF2), condutor tipo LA-180 mm2 AI, e final no apoio nº 15 proxectado que se instalará na LMT GRN-708, no tramo entre a subestación da Agrela 2 e a derivada ao CT Hotel Pastoriza (15PBF2).

– Tramo liña eléctrica de media tensión aérea GRN-708 (actuación nº 2), a 15 kV, cunha lonxitude de 0,216 km, con orixe no apoio 15-5 proxectado que substitúe o existente, da LMT GRN-708, onde se realiza a derivada ao CT A Revolta (expediente 26.783), condutor tipo LA-56 mm2 AI, e final no apoio nº 15-4-2 existente da LMT GRN-708, no tramo entre a derivada ao CT Hotel Pastoriza (15PBF2) e a derivada aos CCTT Arias Hermanos II (15PBH1) e Arias Hermanos III (15PBF3).

– Tramo liña eléctrica de media tensión aérea GRN-708 (actuación nº 3), a 15 kV, cunha lonxitude de 0,044 km, con orixe no apoio 15-4 proxectado que substitúe o existente da LMT GRN-708, no tramo entre a derivada ao CT A Revolta (expediente 26.783) e a derivada aos CCTT Arias Hermanos II (15PBH1) e Arias Hermanos III (15PBF3), condutor tipo LA-56 mm2 AI, e final no apoio nº 15-3 existente da LMT GRN-708, onde se realiza a derivada ao CT Hotel Pastoriza (15PBF2).

– Tramo liña eléctrica de media tensión aérea GRN-708 (actuación nº 4), a 15 kV, cunha lonxitude de 0,206 km, con orixe no apoio nº 17 proxectado que substitúe o existente da LMT GRN-708, onde se realiza a derivada aos CCTT Readimix Asland, S.A. (15PBF1) e Afernosa (15PBE4), condutor tipo LA-180 mm2 AI, e final no apoio nº 18 existente da LMT GRN-708, no tramo entre a derivada aos CCTT Readimix Asland, S.A. (15PBF1) e Afernosa (15PBE4) e o CT Meicende (expediente 27.537).

– Tramo liña eléctrica de media tensión aérea GRN-708 (actuación nº 5), a 15 kV, cunha lonxitude de 0,017 km, con orixe no apoio nº 17 proxectado que substitúe o existente da LMT GRN-708, onde se realiza a derivada aos CCTT Readimix Asland, S.A. (15PBF1) e Afernosa (15PBE4), condutor tipo LA-56 mm2 AI, e final no apoio que sustenta o CT Readimix Asland, S.A. (15PBF1).

– Tramo liña eléctrica de media tensión aérea GRN-708 (actuación nº 6), a 15 kV, cunha lonxitude de 0,045 km, con orixe no apoio nº 17 proxectado que substitúe o existente da LMT GRN-708, onde se realiza a derivada aos CCTT Readimix Asland, S.A. (15PBF1) e Afernosa (15PBE4), condutor tipo LA-56 mm2 AI, e final no apoio nº 17-1 existente da LMT GRN-708, onde se realiza o paso de aéreo a subterráneo da LMT particular ao CT Afernosa (15PBE4).

– Liña de media tensión soterrada GRN-708 (actuación nº 1), a 15 kV, cunha lonxitude de 0,781 km, con orixe do paso aéreo a subterráneo que se realizará no apoio nº15 proxectado que se instalará na LMT GRN-708, no tramo entre a subestación da Agrela 2 e a derivada ao CT Hotel Pastoriza (15PBF2), en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV-1×240 AI, e final no paso de subterráneo a aéreo que se realizará no apoio nº 17 proxectado que substitúe o existente da LMT GRN-708, onde se realiza a derivada aos CCTT Readimix Asland, S.A. (15PBF1) e Afernosa (15PBE4), despois de realizar entrada e saída no CT Avenida da Coruña proxectado.

– Liña de media tensión soterrada GRN-708 (actuación nº 2), a 15 kV, cunha lonxitude de 0,040 km, con orixe en cela de liña no novo CT avenida da Coruña proxectado, en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV-1×240 AI, e final no paso de subterráneo a aéreo que se realizará no apoio nº 15-4-1 proxectado que substitúe o existente da LMT GRN-708, no tramo entre a derivada ao CT Hotel Pastoriza (15PBF2) e a derivada aos CCTT Arias Hermanos II (15PBH1) e Arias Hermanos III (15PBF3).

– Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 400 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400 V.

– Desmontaxe do tramo de liña aérea entre os apoios D-15 e o nº 18, cunha lonxitude de 441 metros.

– Desmontaxe dun tramo da derivada aos CCTT Hotel Pastoriza, A Revolta, Prebetong Galicia, S.A. e Arias Hermanos II e III, cunha lonxitude de 415 metros.

– Desmontaxe das derivadas aos CCTT Readimix Aslanda e Afernosa, cunha lonxitude de 16 e 46 metros, respectivamente.

3. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante resolución publicada nos seguintes medios:

– Resolución información pública: 11 de agosto de 2017.

– DOG: 8 de setembro de 2017.

– BOP: 7 de setembro de 2017.

– Xornal La Voz de Galicia: 28 de setembro de 2017.

– Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 9 de outubro de 2017.

Ao mesmo tempo realizáronse notificacións individuais aos titulares que figuran na relación de bens e dereitos afectados.

Mediante anuncio publicado no BOE do 16 de decembro de 2017, notificóuselles aos interesados descoñecidos de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

4. Durante o período en que se someteu ao trámite de información pública non foron presentadas alegacións.

5. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados.

6. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas.

1. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

– Decreto 146/2016, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia (DOG núm. 217, do 14 de novembro).

– Decreto 175/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG núm. 232, do 4 de decembro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

2. Na visita de campo realizada para examinar o lugar das instalacións non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume indicadas no artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

3. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir da data de ocupación dos terreos.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados, e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal se achegará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do director da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas para a montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 13 de marzo de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña