Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 9 de abril de 2018 Páx. 19353

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 14 de marzo de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, polo que se convocan, para vinculación temporal, diversas prazas de persoal licenciado sanitario na Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e no Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia (DOG núm. 123, do 30 de xuño de 2016) e no uso das atribucións conferidas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 47, do 7 de marzo de 2013), e a Orde do 28 de setembro do 2011 pola que se desenvolve a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés e se delegan competencias nos seus órganos directivos (DOG núm. 188, do 30 de setembro de 2011), modificada por Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), o xerente da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés,

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir varios postos de persoal licenciado sanitario, facultativos especialistas de área, que se relacionan no anexo.

Segundo. As retribucións dos postos ofertados serán as que correspondan de acordo coa orde anual pola que se ditan instrucións, sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse, preferentemente, no Rexistro de Entrada da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, sito na rúa Loureiro Crespo, 2, de Pontevedra, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios de Dirección e na intranet da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Pontevedra, 14 marzo de 2018

José Ramón Gómez Fernández
Xerente de Xestión Integrada Pontevedra e O Sálnes

ANEXO

Especialidade

Grupo

Prazas

Anatomía Patolóxica

A1

2 interinidades en praza vacante na Xerencia de Xestión Integrada Pontevedra e O Salnés

Aparello Dixestivo

A1

2 interinidades en praza vacante na Xerencia de Xestión Integrada Pontevedra e O Salnés

Endocrinoloxía e Nutrición

A1

1 interinidade en praza vacante na Xerencia de Xestión Integrada Pontevedra e O Salnés

Medicina Física e Rehabilitación

A1

1 interinidade en praza vacante na Xerencia de Xestión Integrada Pontevedra e O Salnés

Medicina Interna

A1

1 interinidade en praza vacante na Xerencia de Xestión Integrada Pontevedra e O Salnés

Obstetricia e Xinecoloxía

A1

4 interinidades en praza vacante na Xerencia de Xestión Integrada Pontevedra e O Salnés

Otorrinolaringoloxía

A1

3 interinidades en praza vacante na Xerencia de Xestión Integrada Pontevedra e O Salnés