Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 9 de abril de 2018 Páx. 19351

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se anuncia convocatoria pública para a provisión dunha praza de supervisor/a de unidade do Hospital Público da Mariña.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG nº 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, modificado polo Decreto 111/2013, do 4 de xullo (DOG nº 140, do 24 de xullo), e na Orde do 12 de abril de 2013 (DOG nº 76, do 19 de abril) pola que se desenvolve a estrutura organizativa de xestión integrada das áreas de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, así como na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, esta xerencia

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento de concurso de méritos e a defensa pública dun proxecto técnico relacionado coa xestión da unidade, o posto de persoal sanitario que se relaciona no anexo desta resolución.

Segundo. As retribucións do posto ofertado serán as que correspondan de acordo coa orde pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Terceiro. As solicitudes e a documentación anexa que conteña a xustificación dos requisitos e méritos alegados, deberán dirixirse ao xerente da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, e poderán presentarse preferentemente no rexistro sito na planta baixa do Hospital da Mariña de Burela na rúa Rafael Vior s/n, 27880 Burela, no prazo de vinte (20) días hábiles contados desde o seguinte á data da publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Cuarto. As bases íntegras da citada convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios do Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo (Oficina de Atención ao Traballador), e do Hospital Público da Mariña, así como na intranet da Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, e na páxina web do Sergas (www.sergas.es).

Lugo, 8 de marzo de 2018

Ramón Ares Rico
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

ANEXO

Denominación do posto: supervisor/a de Unidade de UCI-Reanimación.

Número de vacantes: 1.