Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 9 de abril de 2018 Páx. 19355

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4579/2017).

María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber:

Que no procedemento recurso de suplicación 4579/2017 deseguido por instancia de Luis Prieto Galiñanes contra Viajes Silgar, S.A., Fogasa, Enrique Martínez Núñez, Nurtime, S.L., administración concursal Nurtime (Juan Agra Requeijo), Residencia de Mayores 2013, S.L., Estilo y Moda Dos Andando, S.L., Janick Vigo, S.L., sobre reclamación cantidade, se ditou a seguinte resolución:

«Decido: que desestimando o recurso de suplicación interposto por Luis Prieto Galiñanes, contra a sentenza do xulgado do social número catro de Pontevedra, en xuízo instado polo recorrente contra Viajes Silgar, S.A., Nurtime, S.L.U., Residencia de Mayores 2013, S.L., Estilo y Moda Dos Andando, S.L. e Enrique Martínez Núñez, a Sala a confirma plenamente.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste Tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandamos e asinamos».

E para que sirva de notificación en legal forma a Viajes Silgar, S.A., Estilo y Moda Dos Andando, S.L., e Janick Vigo, S.L., actualmente en ignorado paradoiro, con últimos domicilios en Pontevedra, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de marzo de 2018

A letrada da Administración de xustiza