Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 6 de abril de 2018 Páx. 19001

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Monforte de Lemos

EDICTO (268/2014).

Ana García Mallo, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Monforte de Lemos, fai saber que nos autos de xuízo verbal 268/2014 consta sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva literalmente din:

Vistos por min, Mónica Ferreiro Quintas, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 dos desta localidade, os presentes autos do xuízo verbal nº 268/2014 sobre reclamación de cantidade, por instancia de José Manuel Arias López, representado pola procuradora Sra. Seoane Portela e asistido polo letrado Sr. Camazón Linacero, fronte a Salvador Martínez Freitas, en situación de rebeldía procesual.

Resolución:

Estímase a demanda interposta por José Manuel Arias López, representado pola procuradora Sra. Seoane Portela fronte a Salvador Martínez Freitas, e condénase o demandado a aboar ao demandante a cantidade de 5.976,05 euros, máis os xuros legais computados desde a presentación da demanda, sen prexuízo dos xuros do artigo 576 da LAC.

Condénase o demandado ao pagamento das custas procesuais.

E para que así conste e sirva de notificación ao demandado Salvador Martínez Freitas, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Monforte de Lemos, 7 de marzo de 2018

A letrada da Administración de xustiza