Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 6 de abril de 2018 Páx. 19002

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 640/2016).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Patricia Moure Rosende contra Masalo 10, S.L. e Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 639/2016, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Masalo 10, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 22.5.2018, ás 11.00 horas, na planta baixa, sala 1, do edificio da rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, a quen se lle fan os seguintes apercibimentos legais:

1º. A incomparecencia do demandado, debidamente citado, non impedirá a realización dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo, que continuará sen necesidade de declarar a súa rebeldía (artigo 83.3 da LXS).

2º. Fáiselle saber que a parte demandante indicou que acudirá ao acto do xuízo con avogado para a súa defensa e/ou representación, o que se lle comunica para os efectos oportunos.

3º. Debe asistir ao xuízo con todos os medios de proba de que se intente valer (artigo 82.3 da LXS) e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar o interrogatorio ou, en caso contrario, poderán considerase recoñecidos como certos na sentenza os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado interviñese neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio ás persoas xurídicas practicarase con aqueles que legalmente as representen e teñan facultades para responder a tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non interveu nos feitos, deberá levar ao xuízo a persoa coñecedora directa destes. Con tal fin, a parte interesada poderá propor a persoa que se deba someter ao interrogatorio e xustificar debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

Poderán así mesmo solicitar, polo menos con cinco días de antelación á data do xuízo, aquelas probas que, se teñen que practicar nel, requiran dilixencias de citación ou requirimento (artigo 90.3 da LXS).

4º. Advírtese que a parte demandante solicitou como probas:

Ao ter solicitado o interrogatorio de parte e ao ser esta persoa xurídica, débense facer as advertencias que se conteñen no artigo 91.3 e 5 da LXS. Conforme dispón ese precepto, o interrogatorio das persoas xurídicas privadas practicarase con quen legalmente as represente e teña facultades para responder a tal interrogatorio. Se o representante en xuízo non interveu nos feitos, deberá levar ao xuízo a persoa coñecedora directa deles. Con tal fin, a parte interesada poderá propor a persoa que se deba someter ao interrogatorio e xustificar debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

A declaración das persoas que actuasen nos feitos litixiosos en nome do empresario, cando sexa persoa xurídica privada, baixo a responsabilidade deste, como administradores, xerentes ou directivos, soamente se poderá acordar dentro do interrogatorio da parte por cuxa conta actuasen e en calidade de coñecedores persoais dos feitos, en substitución ou como complemento do interrogatorio do representante legal, salvo que, en función da natureza da súa intervención nos feitos e da súa posición dentro da estrutura empresarial, por non prestar xa servizos na empresa ou para evitar indefensión, o xuíz ou tribunal acorde a súa declaración como testemuñas.

O seu interrogatorio como demandado.

Para tal efecto indícaselle que, se non comparece, se poderán considerar certos os feitos da demanda en que interviñese persoalmente e lle resulten en todo ou en parte prexudiciais (artigo 91.2 da LXS).

A presentación no acto do xuízo dos seguintes documentos:

Os indicados pola parte demandante no seu escrito de demanda, cuxa copia está ao seu dispor na oficina xudicial.

Advírtese que se os citados documentos non se presentan no xuízo sen mediar causa xustificada, poderanse considerar probadas as alegacións da parte contraria en relación coa proba acordada (artigo 94.2 da LXS).

5º. Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer no acto de xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, unha vez trasladada esta intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que lle sirva de citación a Masalo 10, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2018

A letrada da Administración de xustiza