Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 5 de abril de 2018 Páx. 18921

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 21 de marzo de 2018, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos a deslindamentos entre montes veciñais en man común (expediente 42/79 e quince máis).

Na sesión que tivo lugar polo xurado o día 6 de marzo de 2018 figuran os seguintes acordos:

Monte Rodela, Gándaras de Castro e Granda de Abilleira (expediente 42/79), pertencente aos veciños da parroquia de Loentia e monte Gándaras de Castro, Coutado e Campela (expediente 44/79), pertencente aos veciños da parroquia de Bendia ambos no termo municipal de Castro de Rei, e clasificados como veciñais en man común por resolucións do xurado provincial con data do 1 de decembro de 1980. Con data do 10 de febreiro de 2017, ten rexistro de entrada escrito de María del Carmen Lázare González, como presidenta da comunidade de Loentia, achegando un acordo de deslindamento de avinza practicado entre estas comunidades, en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado o 16 de decembro de 2016, perante o Xulgado de Paz de Castro de Rei; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 20 de febreiro de 2018 emite un informe no que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza (nº 11/17). O monte Rodela, Gándaras de Castro e Granda de Abilleira queda cunha superficie de 634 hectáreas, e o monte Gándaras de Castro, Coutado e Campela cunha superficie de 221 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado por avinza, e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Monte Bouzón, Barquela e Serra de Rodís (expediente 82/77), pertencente aos veciños da parroquia de Vilar de Cabalos e monte de Meixonfrío (expediente 76/83), pertencente aos veciños da parroquia de Meixonfrío ambos no termo municipal de Taboada, e clasificados como veciñais en man común por resolucións do xurado provincial con datas do 31 de marzo de 1978 e do 11 de febreiro de 1985, respectivamente. Con data do 13 de febreiro de 2017, ten rexistro de entrada escrito de Orlando Pérez Sindín, como presidente da comunidade de Meixonfrío, achegando un acordo de deslindamento de avinza practicado entre estas comunidades, en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado o 9 de decembro de 2016, perante o Xulgado de Paz de Taboada; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 29 de decembro de 2017 emite un informe no que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza (nº 10/17). O monte Bouzón, Barquela e Serra de Rodís queda cunha superficie de 522 hectáreas e o monte de Meixonfrío cunha superficie de 152 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado por avinza, e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Monte A Laxe (expediente 1/92), pertencente aos veciños da parroquia da Laxe e monte Esculca, Barreira Moura, Cabaleiros e Rego do Madeiro (expediente 31/79), pertencente aos veciños da parroquia de Vilacampa ambos no termo municipal do Valadouro, e clasificados como veciñais en man común por resolucións do xurado provincial con datas do 25 de xuño de 1993 e do 26 de maio de 1980, respectivamente. Con data do 29 de decembro de 2017, ten rexistro de entrada escrito de Juan José García Pedreira, como presidente da comunidade da Laxe, achegando un acordo de deslindamento de avinza practicado entre estas comunidades, en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado o 1 de setembro de 2017, perante o Xulgado de Paz do Valadouro; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 12 de febreiro de 2018, emite un informe no que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza (nº 92/17). O monte A Laxe queda cunha superficie de 179,6 hectáreas, e o monte Esculca, Barreira Moura, Cabaleiros e Rego do Madeiro cunha superficie de 1034 hectáreas (tendo en conta, neste caso, o deslindamento xudicial aprobado). Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado por avinza, e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Monte Serra das Dúas Pequenas, Cubas, Valdemoitos e San Roque (expediente 51/78), pertencente aos veciños da parroquia de Vilapape e monte Serra de Regulfe, Veiga, Serra de Outeiro, Serra de Couto, Serra de Reboredo e outros (expediente 45/78), pertencente aos veciños da parroquia de Martín ambos no termo municipal de Bóveda, e clasificados como veciñais en man común por resolucións do xurado provincial con data do 17 de decembro de 1979. Con data do 8 de setembro de 2017, ten rexistro de entrada escrito de Mario Casar Fernández e Manuel Rodríguez Fernández, como presidentes das comunidades, achegando un acordo de deslindamento de avinza practicado entre estas comunidades, en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado o 7 de xullo de 2017, perante o Xulgado de Paz de Bóveda; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 26 de xaneiro de 2018 emite un informe no que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza (nº 62/17). O monte Serra das Dúas Pequenas, Cubas, Valdemoitos e San Roque queda cunha superficie de 82,5 hectáreas, e o monte Serra de Regulfe, Veiga, Serra de Outeiro, Serra de Couto, Serra de Reboredo e outros cunha superficie de 404,9 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado por avinza, e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Monte Mudia en Bozo (expediente 40/78), pertencente aos veciños da parroquia de Loboso e monte Mudia (expediente 42/78), pertencente aos veciños da parroquia da Regueira ambos no termo municipal da Pastoriza, e clasificados como veciñais en man común por resolucións do xurado provincial con data do 5 de febreiro de 1979. Con data do 17 de outubro de 2017, ten rexistro de entrada escrito de Félix González Grandío, como presidente da comunidade de Loboso, achegando un acordo de deslindamento de avinza practicado entre estas comunidades, en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado o 25 de maio de 2017, perante o Xulgado de Paz da Pastoriza; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 26 de xaneiro de 2018, emite un informe no que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza (nº 72/17). O monte Mudia en Bozo queda cunha superficie de 148,7 hectáreas, e o monte Mudia cunha superficie de 155,22 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado por avinza, e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Monte Mudia en Bozo (expediente 40/78), pertencente aos veciños da parroquia de Loboso no termo municipal da Pastoriza e monte Corda de Neda (expediente 112/77), pertencente aos veciños da parroquia de Abeledo, no termo municipal de Abadín, e clasificados como veciñais en man común por resolucións do xurado provincial con data do 5 de febreiro de 1979 e do 30 de abril de 1979, respectivamente. Con data do 17 de outubro de 2017, ten rexistro de entrada escrito de Félix González Grandío, como presidente da comunidade de Loboso, achegando un acordo de deslindamento de avinza practicado entre estas comunidades, en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado o 25 de maio de 2017, perante o Xulgado de Paz da Pastoriza; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 9 de febreiro de 2018 emite un informe no que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza (nº 73/17). O monte Mudia en Bozo queda cunha superficie de 146 hectáreas (tendo en conta a avinza con Mudia), e o monte Corda de Neda cunha superficie de 382,1 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado por avinza, e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Monte Rodela, Gándaras de Castro e Granda de Abilleira (expediente 42/79), pertencente aos veciños da parroquia de Loentia e monte Rodela (expediente 40/79), pertencente aos veciños da parroquia de Ludrio, ambos no termo municipal de Castro de Rei, e clasificados como veciñais en man común por resolucións do xurado provincial con data 1 de decembro de 1980. Con data do 10 de febreiro de 2017 (completado con data do 12 de abril de 2017), ten rexistro de entrada escrito de María del Carmen Lázare González, como presidenta da comunidade de Loentia, achegando un acordo de deslindamento de avinza practicado entre estas comunidades, en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado o 16 de decembro de 2016, perante o Xulgado de Paz de Castro de Rei; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 21 de febreiro de 2018 emite un informe no que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza (nº 12/17). O monte Rodela, Gándaras de Castro e Granda de Abilleira queda cunha superficie de 609,6 hectáreas, e o monte Rodela cunha superficie de 287,7 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado por avinza, e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Monte San Breixo (expediente 47/73), pertencente aos veciños da parroquia de Sambreixo no termo municipal de Monterroso e monte Costa de San Cristovo (expediente 79/77), pertencente aos veciños da parroquia de Arxiz, no termo municipal de Taboada, e clasificados como veciñais en man común por resolucións do xurado provincial con data do 28 de decembro de 1974 e do 31 de marzo de 1978, respectivamente. Con data do 3 de novembro de 2017 (completado con data do 5 de decembro de 2017), ten rexistro de entrada escrito de Felipe Avelino Fernández Blanco, como presidente da comunidade de Sambreixo, achegando un acordo de deslindamento de avinza practicado entre estas comunidades, en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado o 19 de outubro de 2017, perante o Xulgado de Paz de Monterroso; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 15 de febreiro de 2018 emite un informe no que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza (nº 75/17). Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado por avinza, e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Ao descoñecerse o nome e enderezo dos posibles titulares de dereitos e intereses sobre os referidos montes, por medio deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, comunícanse os devanditos acordos.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Lugo, 21 de marzo de 2018

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo