Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 4 de abril de 2018 Páx. 18622

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2018 pola que se publican os requirimentos de emenda dos obradoiros á dixitalización Industria 4.0.

Mediante a Resolución do 21 de decembro de 2017 (DOG núm. 245, do 28 de decembro) publicáronse as bases reguladoras dos obradoiros á dixitalización Industria 4.0, e procedeuse á súa convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para o ano 2018, por trámite anticipado de gasto.

O órgano instrutor do procedemento administrativo previsto no artigo 12 das ditas bases reguladoras está analizando as solicitudes presentadas polos solicitantes que se acolleron á presente convocatoria de axudas.

Nunha primeira fase de revisión identificáronse varios expedientes que carecen dalgún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, polo que resulta procedente efectuar os oportunos requirimentos de emenda.

O artigo 12.2 das bases reguladoras dispón que, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, este requirimento de emenda se realizará preferentemente mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada. A dita publicación tamén se realizará na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es, onde se establecerá o contido pormenorizado do requirimento que se fai.

Os requirimentos obxecto da presente resolución non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015.

En virtude do anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Dar publicidade á relación de solicitantes cuxos expedientes deben ser obxecto de emenda segundo se recolle no anexo a esta resolución.

Segundo. Habilitar un prazo de 10 días naturais para que os requiridos accedan á Oficina Virtual do Igape desde a páxina web do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), no enderezo www.tramita.igape.es, utilizando o seu NIF e o código IDE do expediente, para acceder ao requirimento individualizado de emenda. Entenderase rexeitado cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición do requirimento sen que se acceda ao seu contido.

Terceiro. Establécese un prazo de dez días hábiles para achegar a documentación sinalada, contados a partir do día hábil seguinte ao acceso ao requirimento individualizado, ou a partir do día en que se puxo á súa disposición, no caso de non acceder ao seu contido.

Cuarto. De acordo co disposto no artigo 12.2 das bases reguladoras, no suposto de que non se atenda o requirimento no prazo indicado, ou se a emenda resulta incompleta ou defectuosa, o solicitante considerarase que desiste na súa petición e arquivarase o expediente, tras a correspondente resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da devandita Lei 39/2015.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2018

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Solicitudes de axuda suxeitas a emenda de documentación

Nº de expediente

Titular do expediente

NIF

IG239.2018.1.1

Asociación Clúster da Madeira de Galicia

G32290439

IG239.2018.1.2

Fundación Cupa

G32458713

IG239.2018.1.3

Gremio Provincial de Carniceros y Charcuteros de Ourense

G32015729

IG239.2018.1.4

Asociación de Empresarios de O Couto

G32380065

IG239.2018.1.5

Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia (Asime)

G36614774

IG239.2018.1.6

Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia (Asime)

G36614774

IG239.2018.1.7

Asociación de Industrias Culturales de la Provincia de Ourense

G32479446

IG239.2018.1.8

Asociación de Empresarios del Producto Gourmet

G32471492

IG239.2018.1.9

Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia (Asime)

G36614774

IG239.2018.1.10

Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia, Ascega

G70252622

IG239.2018.1.13

Asociación de Empresas de Tecnología de Galicia

G36969525

IG239.2018.1.15

Asociación Ourensana de Empresarios de Comercio Online

G32472425

IG239.2018.1.16

Asociación Gallega de Empresas de Ingeniería, Consultoría y Servicios Tecnológicos

G36942720

IG239.2018.1.20

Clúster TIC Galicia

G70157581