Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 4 de abril de 2018 Páx. 18650

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (492/2016).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 492/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Federico Jiménez Tajuelo contra a empresa A&V Cambre Construcciones, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Sentenza.

A Coruña, 16 de xaneiro de 2018.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 492/2016, en que foron parte, dun lado como demandante, Federico Jiménez Tajuelo, con DNI 04159229R, asistido pola letrada María Alvela Vázquez e, como demandada, A&V Cambre Construcciones, S.L., representado polo seu administrador único Andrés Sánchez Ben, e Fogasa, que non comparece, sobre despedimento, pronunciou, en nome do rei, a seguinte sentenza:

Antecedentes de feito:

Primeiro. A parte demandante presentou demanda que por quenda correspondeu a este Xulgado do Social número 2 da Coruña, na cal, tras expor os feitos e alegar os fundamentos de dereito que considerou pertinentes, terminaba suplicando que se ditase sentenza conforme o pedido.

Segundo. Admitida a trámite a demanda, sinalouse a celebración do acto de xuízo, que tivo lugar na data sinalada en todas as súas fases co resultado que consta na acta redactada para o efecto e quedou debidamente gravado no correspondente soporte CD. Unha vez concluído o acto do xuízo, quedaron os autos vistos para ditar sentenza.

Terceiro. Na tramitación dos presentes autos observáronse as normas legais de procedemento.

Resolvo:

Que, estimando a demanda interposta por Federico Jiménez Tajuelo contra a empresa A&V Cambre Construcciones, S.L., con citación do Fogasa, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ao demandante, e condeno a demandada a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que posuía con anterioridade, ou o aboamento dunha indemnización de 1.122,91 €. No caso de que opte pola readmisión, o traballador terá dereito, de ser o caso, aos salarios de tramitación, que ascenden a 45,37 €/día.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Andrés Sánchez Ben, administrador único de A&V Cambre Construcciones, S.L., no seu nome e no da empresa, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de marzo de 2018

A letrada da Administración de xustiza