Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 4 de abril de 2018 Páx. 18646

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4998/2017 CG).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso de suplicación 4998/2017

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 503/2017 Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 4998/2017 seguido por instancia de Andrea González Fleitas contra Fogasa e Juan Liste Brañas, sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

Resolvemos que estimando o recurso de suplicación interposto por Juan Liste Brañas contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, do 27.9. 2017, e con revogación parcial da súa resolución, condenamos a empresa demandada ao aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a da sentenza de instancia, que declara extinguida a relación laboral, e mantemos integramente os restantes pronunciamentos da resolución impugnada.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta Sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

E para que sirva de notificación en legal forma a Juan Liste Brañas, con último domicilio coñecido no lugar de Santa Lucía, 18, de Santiago de Compostela e actualmente en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de marzo de 2018

A letrada da Administración de xustiza