Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 4 de abril de 2018 Páx. 18645

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2018 pola que se aproba e fai pública a lista provisional de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o acceso á escala facultativa de arquivos e bibliotecas, especialidade arquivos, subgrupo A1, pola quenda de promoción interna.

Mediante a Resolución reitoral do 9 de febreiro de 2018 (DOG do 23 de febreiro) convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza na escala facultativa de arquivos e bibliotecas, especialidade arquivos da USC, subgrupo A1, pola quenda de promoción interna. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a lista provisional de persoas admitidas e excluídas pola quenda de promoción interna ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a lista provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do Edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros e na web: http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html.

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen emendar os defectos que motivasen a exclusión ou a omisión.

Cuarto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a ser incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2018

Juan M. Viaño Rey
Reitor de Universidade de Santiago de Compostela