Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 4 de abril de 2018 Páx. 18692

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 13 de marzo de 2018 pola que se notifica a imposición dunha segunda multa coercitiva no expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/10/2015-B1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 13 de febreiro de 2018, resolución pola que se impón unha segunda multa coercitiva, como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 7 de marzo de 2016 e na do 30 de marzo de 2017, nas cales se declaran ilegalizables as obras consistentes na construción dunha edificación con tipoloxía residencial na rúa do Rego, número 9, en Santa Cruz da Rabeda, no termo municipal de San Cibrao das Viñas, provincia de Ourense, por ser incompatibles co ordenamento xurídico vixente, e se ordena a súa demolición.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a José Antonio Raúl dos Ríos, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica está á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección de la Legalidade Urbanística, situadas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución o interesado pode interpoñer recurso de reposición, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación, ou ben, se non exercita o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2018

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística