Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 4 de abril de 2018 Páx. 18694

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 13 de marzo de 2018 pola que se notifica a imposición dunha primeira multa coercitiva no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/122/2014-A1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 16 de xaneiro de 2018, resolución pola que se impón unha primeira multa coercitiva, como consecuencia de incumprir o ordenado na resolución do 8.7.2016 e do 19.7.2017, nas cales se declaran ilegalizables as obras consistentes na instalación de varias construcións prefabricadas para uso residencial (construción principal de tipoloxía residencial, comedor exterior, caseta metálica de obra “tipo oficina” caseta de pequeno tamaño, tipo aseo, construción con cerramento téxtil e grella de obra), no lugar de Lodeiro, no termo municipal de Vilalba, provincia de Lugo, por seren incompatibles co ordenamento xurídico vixente, e se ordena a súa demolición.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Germán Alonso Pérez en representación de Begoña Rego García e de Manuel Díaz Fernández, mediante a presente cédula, e ao amparo do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase ao interesado a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícase ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección de la Legalidade Urbanística, situadas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, o interesado pode interpoñer recurso de reposición ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o culgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2018

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística