Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 4 de abril de 2018 Páx. 18704

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 23 de marzo de 2018 polo que se somete ao trámite de información pública a separata para información pública do proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na PO-551, treito A Moureira-Palmás, punto quilométrico 29+450-30+900, de clave PO/16/268.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto.

Antecedentes:

A Lei 8/2013, de estradas de Galicia, determina no seu artigo 6.2 que os espazos destinados a sendas para peóns ou para a circulación de ciclistas teñan a consideración de elementos funcionais da estrada. Tendo en conta este precepto, a Xunta de Galicia elaborou a Estratexia en materia de mobilidade alternativa de Galicia. Os obxectivos da dita estratexia son o desenvolvemento duns sistemas de transporte alternativos que reduzan ao mínimo as repercusións sobre o ambiente e os seus impactos sociais e económicos.

Os beneficios esperados co fomento desta mobilidade alternativa son, entre outros, o emprego de modos de transporte non motorizados, a mellora da mobilidade, da calidade do aire, da saúde, da igualdade e benestar, da economía, do patrimonio e do urbanismo.

Con data do 2 de novembro de 2016 a Axencia Galega de Infraestruturas aprobou, con base na Estratexia en materia de mobilidade alternativa de Galicia, o documento Estratexia en materia de mobilidade alternativa na Comarca do Morrazo e concellos limítrofes, onde unha das sendas propostas era unha senda peonil na PO-551, que agora se desenvolve mediante o proxecto construtivo Itinerario peonil e ciclista na PO-551, treito A Moureira-Palmás, p.q. 29+450- 30+900, de clave PO/16/268.06.

A actuación proxectada consiste na execución dunha senda mixta (peonil e ciclista) pola marxe dereita da estrada PO-551 entre os p.q. 29+450 e 30+900 no concello de Moaña, provincia de Pontevedra, completando un itinerario continuo mediante a conexión coa beirarrúa existente na marxe dereita a partir do punto final.

A sección desta será na súa maior parte de formigón coloreado, limitada exteriormente por un bordo de formigón que a diferencie do resto da plataforma e, naqueles casos onde o espazo dispoñible sexa suficiente, disporase tamén dunha franxa vexetal axardinada entre a senda e a calzada.

O largo do itinerario así definido é variable, será como mínimo de 1,5 metros e o da zona axardinada, naquelas zonas onde se execute, será de 0,5 metros.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o mencionado proxecto de construción sométese ao trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de expropiación forzosa, se someta a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra (r/ Fernández Ladreda, 43, 1º-4º, 36071 Pontevedra), e na casa do Concello de Moaña (As Barxas, 2, 36950 Moaña, Pontevedra). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda
(http://civ.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas), encóntrase á disposición dos interesados o documento completo do proxecto de construción.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2018

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Itinerario peonil e ciclista na PO-551.

Treito A Moureira-Palmás, p.q. 29+450-30+900.

Clave: PO/16/268.06.

Concello de Moaña (Pontevedra).

Referencia catastral

Titular

Tipo

Clase de cultivo

Clasif. urbanis.

Área afectada

Bens afectados

1

36029A06800061

Verdealalves, M. Ángeles

Rústico

Residencial de núcleo periférico

0,80

2

36029A06800073

En investigación, artigo 47 da Lei 33/2003

Rústico

Mt-Matogueira

Residencial de núcleo periférico

2,00

3

36029A06801005

Comunidade de Montes de Meira

Rústico

Mt-Matogueira

Solo rústico de protección de infraestruturas con plan especial

31,00

– 1 árbore de xardín

– 15 plantas varias

– 2 peche vexetal mirtos

4

36029A06800062

Alfa Europa Eco, S.L.

Rústico

Eu-Eucaliptus

Solo rústico de protección forestal e protección de infraestruturas con plan especial/ Solo rústico de protección de costas e protección de infraestruturas con plan especial

691,00

5

36029A06900143

Comunidade de Montes en Man Común de Domaio

Rústico

Eu-Eucaliptus

Solo rústico de protección de costas e protección de infraestruturas con plan especial

51,00

6

36029A06900142

En investigación, artigo 47 da Lei 33/2003

Rústico

F-Froiteiras S-Secaño

Solo rústico de protección de costas e protección de infraestruturas con plan especial

55,00

7

36029A06900121

Comunidade de Montes en Man Común de Domaio

Rústico

Eu- Eucaliptus

Solo rústico de protección de costas e protección de infraestruturas con plan especial

17,00

8

36029A06900116

Veiga, Florinda

Rústico

Eu-Eucaliptus

Solo rústico de protección de costas e protección de infraestruturas con plan especial

6,00

9

36029A06900115

Solla Veiga, Carlos Fernando

Rústico

Eu-Eucaliptus

Solo rústico de protección de costas e protección de infraestruturas con plan especial

6,00

10

36029A06900114

Curro Alonso, Iberia

Rústico

Eu-Eucaliptus

Solo rústico de protección de costas e protección de infraestruturas con plan especial

6,00

11

36029A06900112

Comunidade de Montes en Man Común de Domaio

Rústico

Eu-Eucaliptus

Solo rústico de protección de costas e protección de infraestruturas con plan especial

13,00

12

36029A06900110

Ferradás Pastoriza, José

Rústico

Mt-Matogueira

Solo rústico de protección de costas e protección de infraestruturas con plan especial

20,00

13

36029A06900107

Fernández Solla, Eugenia

Rústico

V-Viña Secaño

Solo rústico de protección de costas e protección de infraestruturas con plan especial

99,00

14

36029A06900092

González Moreira, María

Rústico

Mt-Matogueira

Solo rústico de protección de costas e protección de infraestruturas con plan especial

9,00

15

36029A06900093

Curro Palmas, María

Rústico

Mt-Matogueira

Solo rústico de protección de costas e protección de infraestruturas con plan especial

10,00

16

36029A06900094

Calvar Pintos, Francisco José

Rústico

Mt-Matogueira

Solo rústico de protección de costas e protección de infraestruturas con plan especial

15,00

17

36029A06900090

Rocha Solla, Luisa

Rústico

Mt-Matogueira

Solo rústico de protección de costas e protección de infraestruturas con plan especial

13,00

18

36029A06900089

Herdeiros de García Riobo, José

Rústico

Mt-Matogueira

Solo rústico de protección de costas e protección de infraestruturas con plan especial

85,00

19

36029A06900083

En investigación, artigo 47 da Lei 33/2003

Rústico

Mt-Matogueira

Solo rústico de protección de costas e protección de infraestruturas con plan especial

4,00

20

20

20

20

36029A06900082

Rodríguez Martínez, Otilia

Rústico

C-Labor O Labradío Secaño

Solo rústico de protección de costas e protección de infraestruturas con plan especial

– 1,50 Traslado pórtico de pedra granito

– 1,50 Traslado cancela metálica

– 10 plantas de xardín

F-Froiteiras Secaño

Solo rústico de protección de costas e protección de infraestruturas con plan especial

8,00

I-Improdutivo

Solo rústico de protección de costas e protección de infraestruturas con plan especial

Mt-Matogueira

Solo rústico de protección de costas e protección de infraestruturas con plan especial