Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 2 de abril de 2018 Páx. 18198

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 16 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada RAI-PO-41/2015 (IN635A 2014/136-4).

O 2 de marzo de 2018 o secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria, en uso da competencia delegada polo conselleiro en virtude da Orde do 10 de xuño de 2016 (DOG núm. 131, do 12 de xullo), ditou resolución do recurso de alzada RAI-PO-41/2015 (IN635A 2014/136-4) interposto por Soynaci, S.L.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase a Soynaci, S.L. a resolución antes referida.

O interesado poderá recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias do Servizo Técnico Xurídico I da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situadas no edificio administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4ª planta, 15781 Santiago de Compostela, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE ou a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal (http://notifica.xunta.gal).

Contra a referida resolución, que esgota a vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que a demandante teña o seu domicilio, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa comparecencia ou polo transcurso do prazo establecido no parágrafo anterior sen que o interesado compareza.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2018

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria