Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 2 de abril de 2018 Páx. 18197

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 19 de marzo de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución de devolución de ingreso (expediente RL 2011/0095-4).

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, pola presente cédula notifícaselle á empresa que se relaciona, a resolución de devolución da cantidade de 8.195 €.

Dispón dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar a resolución nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8-2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Expediente: RL 2011/0095-4.

Acta: I362011000017807.

Empresa: Estructuras Dabalpo, S.L.U.

NIF: B-32372161.

Data da resolución: 13.2.2018.

Resolución: que a empresa Estructuras Dabalpo, S.L.U., ten dereito á devolución da cantidade de 8.195 €.

Contra esta resolución pódese interpoñer un recurso de alzada ou potestativamente un recurso de reposición, de conformidade cos artigos 112 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo máximo dun mes.

Vigo, 19 de marzo de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra