Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 2 de abril de 2018 Páx. 18148

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se aproban as bases do procedemento do concurso específico para o ingreso na categoría estatutaria de persoal enfermeiro especialista.

De conformidade co establecido no Decreto 81/2016, do 23 de xuño, polo que se crea no ámbito do Servizo Galego de Saúde a categoría estatutaria de persoal enfermeiro/a especialista (Diario Oficial de Galicia núm. 133, do 14 de xullo), este centro directivo, logo de elaboración por parte da Comisión Técnica de Especialidades de Enfermaría e posterior negociación das bases do concurso específico da categoría de persoal enfermeiro/a especialista no seo da Mesa Sectorial de Sanidade, coa aprobación das organizacións CIG, CESM-OʹMEGA, CC.OO., UGT, CSIF e SATSE, en uso das competencias que lle atribúe o artigo 8 dos mencionados decretos e o artigo 4.1.b) da Orde do 5 de xullo de 2012 (Diario Oficial de Galicia núm. 139, do 20 de xullo) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVE:

Artigo único

Establecer o procedemento de concurso específico para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario na categoría de enfermeiro/a especialista do Sistema público de saúde de Galicia e aprobar as súas bases, que se inclúen como anexo desta resolución.

Disposición derradeira

Atendendo a necesidades de planificación, a implantación das especialidades de enfermaría farase de xeito progresivo. A súa implementación efectuarase de forma gradual mediante publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución de convocatoria pola cal se iniciará o prazo de inscrición en cada unha das especialidades.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2018

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Bases

Primeira. Requisitos, prazos e solicitude de participación

1.1. Requisitos.

As persoas interesadas en participar no proceso deberán posuír na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes e manter ata a toma de posesión como persoal estatutario fixo na categoría de enfermeiro/a especialista do Servizo Galego de Saúde os seguintes requisitos:

1.1.1. Ter a condición de persoal estatutario fixo diplomado ou graduado universitario de enfermaría con vínculo de fixeza con destino definitivo no centro en que se oferta a praza.

1.1.2. Desempeñar ou ter desempeñado no Servizo Galego de Saúde as funcións propias da especialidade a que concorra.

1.1.3. Estar en servizo activo en institucións sanitarias do Sistema público de saúde de Galicia e con nomeamento como persoal estatutario fixo durante, polo menos, dous anos na categoría de procedencia.

1.1.4. Titulación: estar en posesión da titulación que se especifique na respectiva resolución de convocatoria ou estar en condicións de obtela dentro do prazo de presentación de solicitudes.

No suposto de perda dalgún dos requisitos enumerados nesta base, as persoas aspirantes poderán ser excluídas do proceso mediante resolución motivada do órgano convocante.

1.2. Rexistro electrónico dos requisitos de participación.

As persoas interesadas en participaren no concurso deberán declarar no formulario electrónico de inscrición que reúnen todos os requisitos de participación exixidos nestas bases. Ao formulario electrónico de inscrición accederase a través da páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) na parte Fides/expedient-e/Sección de Procesos.

1.3. Prazo e procedemento de solicitude de participación.

1.3.1. O prazo para presentar as solicitudes de participación será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da respectiva convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

1.3.2. Cada concursante deberá cubrir unha única solicitude de participación por especialidade, en modelo normalizado, a través da Oficina Virtual do Profesional (Fides/expedient-e/Sección de Procesos), á cal se accederá seguindo as instrucións que se establecen no anexo III e que logo de confirmada deberá presentar por rexistro electrónico no prazo indicado no punto anterior.

Para o rexistro electrónico da solicitude requirirase DNI electrónico ou certificado dixital.

1.3.3. As solicitudes de participación no concurso dirixiranse á unidade de validación na cal o aspirante ten o seu destino definitivo, elixíndoa no propio formulario electrónico de inscrición, que se presentará por rexistro electrónico. Deberá rexistrar a titulación requirida para participar no concurso no sistema informático Fides/expedient-e e achegar xunto coa solicitude de participación, e dentro do prazo de presentación de instancias, fotocopia compulsada do título exixido para o ingreso na correspondente especialidade ou a documentación acreditativa de estar en condicións de obtelo, nos termos previstos no anexo II destas bases.

O/a aspirante non terá a obriga de achegar a documentación acreditativa da titulación cando esta conste como validada (V) en Fides/expedient-e.

1.3.4. A falta de acreditación por parte da persoa interesada dos requisitos de participación determinará a súa exclusión do proceso.

1.3.5. A consignación de datos falsos na solicitude ou na documentación achegada polos/as aspirantes sancionarase coa anulación da solicitude, sen prexuízo das demais medidas legais que correspondan.

1.3.6. O domicilio que figure nas solicitudes considerarase como o único válido para os efectos de notificacións, e será responsabilidade exclusiva do/da aspirante tanto o erro na súa consignación como a comunicación ao Servizo Galego de Saúde de calquera cambio nel. O mesmo será aplicable aos outros medios de comunicación posibles, como os teléfonos de contacto e o correo electrónico.

A Administración convocante poderá comunicar a través de Fides/expedient-e, de forma xeral ou individualizadamente, calquera nova que se produza no desenvolvemento do proceso.

Segunda. Méritos

2.1. Méritos que se valoran.

Os méritos que se terán en conta no proceso de concurso serán os recollidos no anexo I e valoraranse con referencia ao día inmediatamente anterior, inclusive, ao da publicación da respectiva resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Tales méritos deberán estar debidamente rexistrados no sistema informático Fides/expedient-e e acreditados documentalmente pola persoa interesada na forma e nos prazos que se indican nestas bases.

2.2. Rexistro electrónico e acreditación de méritos.

2.2.1. Para o rexistro electrónico dos méritos, os/as aspirantes deberán proceder da seguinte forma:

As persoas interesadas accederán a través da páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) ao expediente electrónico do profesional (Fides/expedient-e) segundo se indica no anexo III destas bases e comprobarán os datos do seu currículo baremables no proceso que constan rexistrados na aplicación informática, así como o seu estado.

Se non consta ningunha información ou está incompleta, a persoa aspirante, ata o último día do prazo de presentación de solicitudes, deberá rexistrar no sistema Fides/expediente-e os méritos que posúe para os efectos da súa valoración no concurso. Logo do seu rexistro electrónico, deberá imprimir a solicitude de validación, que estará dispoñible na aplicación informática na epígrafe «Informe».

A solicitude de validación para este proceso dirixirase preferentemente á unidade de validación da estrutura organizativa de xestión integrada en que ten o seu destino definitivo o/a aspirante e poderá presentarse ata o último día do prazo de presentación de instancias nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos que se indican no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2.2.2. Xunto coa solicitude de validación, o/a aspirante deberá achegar a documentación acreditativa dos méritos que figuren pendentes de validación nos termos que se indican no anexo II. Só se admitirá como medio de acreditación válido o que se indica para cada un dos méritos no indicado anexo.

2.2.3. Non se admitirá, unha vez rematado o prazo de presentación de instancias e para os efectos da súa valoración no proceso, ningunha documentación acreditativa de novos méritos, aínda que consten rexistrados no expediente electrónico, agás aquela documentación que, exixida no anexo II e constando documentalmente que foi solicitada polo/a interesado/a ao organismo ou entidade competente no prazo de presentación de solicitudes ou nun momento anterior, non fose recibida polo/a interesado/a no indicado prazo, suposto en que se admitirá a súa presentación no prazo de reclamación contra a lista provisional de admitidos/excluídos.

Fóra deste suposto e prazo, non se admitirá a presentación de ningunha documentación acreditativa de novos méritos.

2.2.4. Aquelas persoas que, con anterioridade á data de publicación da respectiva resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia, solicitasen, mediante a achega da documentación correspondente, a validación dalgún mérito previamente rexistrado no expediente electrónico e que estea validado ou pendente de catalogar pola Administración, non terán que presentar novamente a documentación acreditativa de tal/tales mérito/s, agás a complementaria que resulte necesaria para a súa actualización.

É responsabilidade do/da aspirante a actualización de méritos consonte a data de referencia do proceso mediante a presentación de novos certificados. No suposto de que non se produza tal actualización só se terán en conta os achegados inicialmente.

2.2.5. Aquelas persoas que, con anterioridade á data de publicación da respectiva resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia, solicitasen, mediante a presentación da documentación correspondente, a validación dalgún mérito previamente rexistrado no expediente electrónico e que estea pendente de validar, deberán presentar, de ser o caso, dentro do prazo de presentación de solicitudes, a documentación complementaria para acreditar debidamente o mérito nos termos do anexo II.

2.2.6. Os aspirantes que, con anterioridade á data de publicación da respectiva resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia, rexistrasen no sistema informático os seus méritos, que figuran como pendentes de validar sen que presentasen ningunha documentación acreditativa deles, deberán solicitar a súa validación e acreditar documentalmente a súa posesión nos termos do anexo II dentro do prazo de presentación de instancias para que poidan ser, se é o caso, valorados no dito procedemento.

2.2.7. Non será necesaria a acreditación documental do cumprimento dos seguintes méritos:

– A experiencia profesional como persoal estatutario nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade.

– A formación recibida e impartida pola Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde.

2.2.8. A Administración poderá requirir, en calquera momento, a achega de documentación complementaria acreditativa de calquera requisito ou mérito aínda que conste validado.

Os méritos que non consten rexistrados no sistema informático na data de finalización do prazo de presentación de instancias non serán obxecto de valoración.

2.2.9. Para os efectos da obtención da puntuación polo coñecemento da lingua galega, aqueles/as aspirantes que estean en posesión do Celga 4, curso de perfeccionamento de galego ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido na Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se modifica a Orde do 16 de xullo de 2007, que regula os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, deberán rexistrar este na epígrafe «Idiomas» do expedient-e e achegar unha copia compulsada dentro do prazo de presentación da solicitude de participación, salvo que xa conste este título como validado no expedient-e.

As persoas aspirantes que non acheguen a documentación acreditativa do coñecemento da lingua galega nos termos establecidos nesta base non obterán ningunha puntuación polo coñecemento da lingua galega.

Terceira. Procedemento de desenvolvemento do concurso

3.1. Procedemento descentralizado.

3.1.1. Os procesos tramitaranse de maneira descentralizada en cada unha das estruturas organizativas de xestión integrada en que se convoquen prazas, sen prexuízo das competencias de ordenación temporal que se reserva o órgano convocante.

3.1.2. A xerencia da estrutura organizativa de xestión integrada en que se convoquen prazas é o órgano competente para tramitar todo o procedemento desde a publicación das listaxes de admitidos/as e excluídos/as ata a proposta de nomeamento dos seleccionados ao órgano convocante.

3.2. Listaxes de admitidos/as e excluídos/as.

3.2.1. Cada un dos/das xerentes/as das estruturas de xestión integrada en que se oferten prazas, finalizado o prazo de presentación de solicitudes, publicará na páxina web www.sergas.es e no taboleiro de anuncios do centro en que se oferten as prazas a resolución pola que se declaren con carácter provisional os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as por especialidade.

3.2.2. Os/as aspirantes excluídos/as disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución, para poderen corrixir, se for o caso, o defecto que motivou a súa exclusión, dirixindo as reclamacións á xerencia correspondente.

Disporán do mesmo prazo de reclamación as persoas que, tendo presentado debidamente solicitude de participación no proceso, non consten como admitidas nin excluídas na relación publicada.

3.2.3. Non se poderá emendar a presentación da solicitude fóra do prazo habilitado para este efecto. A estimación ou desestimación das solicitudes de emenda entenderanse implícitas na resolución do xerente da estrutura de xestión integrada pola cal se aprobe a lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as, que se publicará na páxina web www.sergas.es e no taboleiro de anuncios do centro en que se oferten as prazas.

3.3. Comisións avaliadoras.

3.3.1. Logo de publicadas as listaxes definitivas de admitidos/as e excluídos/as, cada un dos/das xerentes/as das estruturas de xestión integrada en que se oferten prazas nomearán os membros titulares e suplentes das comisións avaliadoras do concurso, e será publicada a súa composición na páxina web www.sergas.es e no taboleiro de anuncios do centro en que se oferten as prazas.

Corresponden ás comisións avaliadoras as funcións relativas á cualificación dos/das aspirantes, a emisión de cantos informes sexan requiridos derivados da súa intervención no proceso así como, en xeral, a adopción de cantas medidas sexan precisas para o correcto desenvolvemento do concurso.

3.3.2. As comisións terán a súa sede, para os efectos de comunicacións, envío de documentación ou incidencias, na sede da xerencia da estrutura de xestión integrada en que se constitúan.

3.3.3. As comisións estarán compostas por tres membros e deberase designar o mesmo número de membros suplentes. O presidente da comisión será o/a xerente/a da estrutura organizativa de xestión integrada en que se oferten as prazas ou persoa en quen delegue. Formarán parte da comisión o/a director/a de enfermaría da estrutura organizativa de xestión integrada en que se oferten as prazas ou persoa en quen delegue, e un profesional da categoría de grupo técnico ou grupo de xestión da función administrativa, que asumirá as funcións de secretario/a da comisión.

De conformidade co establecido no artigo 59 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, a pertenza aos órganos de selección será sempre a título individual, sen que se poida exercer en representación ou pola conta de ninguén.

O persoal de elección ou de designación política, os funcionarios interinos e o persoal eventual non poderán formar parte dos órganos de selección.

Os membros das comisións terán a condición de persoal funcionario de carreira ou estatutario fixo das administracións públicas ou dos servizos de saúde, ou de persoal laboral fixo dos centros vinculados ao Sistema nacional de saúde, en praza ou categoría para a cal se exixa posuír titulación de nivel académico igual ou superior á exixida para o ingreso.

3.3.4. Os/as membros das comisións deberán absterse de intervir, notificándollo ao órgano que o nomea, cando concorra neles/as algunha circunstancia das previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, e no Acordo adoptado no Consello da Xunta do 8 de abril de 2010.

Así mesmo, os/as aspirantes poderán recusar os membros da comisión cando concorra neles algunha das circunstancias previstas na presente base, conforme o artigo 24 da Lei de réxime xurídico do sector público.

De producirse algunha modificación na composición da comisión, esta será publicada na páxina web www.sergas.es e no taboleiro de anuncios do centro en que se oferten as prazas.

Resultarán de aplicación á constitución e funcionamento dos órganos de selección as disposicións sobre órganos colexiados contidas na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

3.3.5. Os acordos das comisións que supoñan para o/a interesado/a a imposibilidade de continuar o procedemento poderán ser obxecto de recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

3.4. Procedemento de selección.

3.4.1. De acordo co establecido na disposición transitoria segunda do Decreto 81/2016, do 23 de xuño, o sistema de selección será o de concurso. Só se poderá acceder a prazas ofertadas no centro en que o aspirante ten o destino definitivo.

3.4.2. As comisións poderán requirir, de oficio, dos/das aspirantes ou de calquera Administración pública, a documentación complementaria ou as aclaracións precisas coa finalidade de asegurar a máxima obxectividade na adxudicación.

3.4.3. Unha vez que as comisións realicen a baremación correspondente, publicarase na páxina web e no taboleiro de anuncios do centro en que se oferten as prazas, con indicación da puntuación provisional obtida por cada aspirante nas distintas epígrafes, así como a valoración total do concurso.

Contra os resultados da baremación provisional os/as aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante a propia comisión no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

3.4.4. Á vista das reclamacións presentadas ou apreciado de oficio pola comisión algún erro material na baremación provisional asignada aos/ás aspirantes, a comisión practicará as oportunas correccións e aprobará as puntuacións definitivas do concurso. A comisión publicará na páxina web e no taboleiro de anuncios do centro a baremación definitiva, con indicación da puntuación definitiva obtida por cada aspirante nas distintas epígrafes, así como a valoración total do concurso.

3.4.5. En caso de producirse empate nas puntuacións dos aspirantes, o desempate efectuarase a favor dos/das aspirantes que tivesen a maior puntuación na epígrafe de experiencia (28 puntos), e sucesivamente en cada unha das epígrafes do baremo de experiencia pola súa orde. Continuarase o desempate pola maior puntuación en cada unha das epígrafes e subepígrafes do baremo pola súa orde. Logo decidirá a maior idade do/da aspirante. De persistir aínda o empate, dirimirase a favor do/da aspirante co primeiro apelido máis próximo á letra que resulte do sorteo para participar en procesos selectivos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, vixente no momento de publicación da respectiva resolución de convocatoria.

3.4.6. A comisión avaliadora realizará proposta de aspirantes seleccionados á autoridade convocante, ordenados pola orde de puntuación acadada no proceso, de maior a menor puntuación. En ningún suposto poderá realizar proposta de seleccionados nun número superior ao de prazas convocadas.

Cuarta. Nomeamento

4.1. A Dirección Xeral de Recursos Humanos publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se nomea como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde na categoría de enfermeiro/a especialista da especialidade correspondente e asignación de destino. O nomeamento terá efecto o día seguinte ao da publicación da mencionada resolución no Diario Oficial de Galicia.

Non poderán ser nomeados persoal estatutario fixo as persoas aspirantes seleccionadas que, no momento de expedirse o correspondente nomeamento, se atopen en situación de incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez.

Os profesionais nomeadas que veñan prestando servizos nas unidades correspondentes en desenvolvemento das actividades propias da especialidade permanecerán no dito destino na condición en que os veñan desenvolvendo.

Os aspirantes que obteñan praza no concurso poderán solicitar o pase á situación de excedencia por prestación de servizos no sector público na categoría de orixe.

Quinta. Norma derradeira

5.1. Estas bases vinculan a Administración, as comisións encargadas de valorar o concurso e a aqueles/as que participen nel.

5.2. Así mesmo, cantos actos administrativos sexan producidos polas comisións e pola autoridade convocante poderán ser impugnados polos/as interesados/as de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

ANEXO I (baremo)

Baremo: máximo 40 puntos

Categoría estatutaria de persoal enfermeiro/a especialista

1. Experiencia: 70 % (28 puntos).

– Por cada mes completo de servizos prestados nas unidades correspondentes, en desenvolvemento das actividades propias da especialidade, por conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias do sistema sanitario público dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suíza, logo da obtención do título de especialista: 0,30 puntos/mes.

– Por cada mes completo de servizos prestados nas unidades correspondentes, en desenvolvemento das actividades propias da especialidade, por conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias do sistema sanitario público dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suíza, antes da obtención do título de especialista: 0,20 puntos/mes.

Normas xerais de valoración.

Primeira.

Os meses serán computados por días naturais.

Salvo para os nomeamentos de atención continuada ou gardas en atención extrahospitalaria, o cómputo dos servizos prestados efectuarase por meses. Para iso calcularase en cada parte do baremo o número total de días e dividirase entre 30, de tal xeito que o que se valorará en cada punto será o cociente enteiro, desprezándose os decimais.

En ningún caso a suma dos servizos prestados con distintos nomeamentos dentro do mesmo mes natural se poderá valorar por riba da puntuación establecida para o dito período dun mes.

De igual xeito, un mesmo período de tempo de servizos prestados non poderá ser obxecto de valoración en máis dunha categoría, ou en varios servizos ou unidades, tanto do mesmo como de diferente centro.

Os servizos prestados con nomeamento de atención continuada ou gardas en urxencias extrahospitalarias computaranse co criterio de equivalencia dun mes completo por cada 130 horas traballadas no dito mes, ou a parte proporcional que corresponda á fracción. Se dentro dun mes natural se realizaron máis de 130 horas, soamente se poderá valorar un mes de servizos prestados, sen que o exceso de horas efectuado poida ser aplicado para o cómputo de servizos prestados noutro mes.

Segunda.

Os servizos prestados durante o período en que se desfrute dunha redución de xornada serán valorados como servizos prestados en réxime de xornada completa. Os servizos prestados polo persoal especificamente nomeado a tempo parcial serán valorados coa conseguinte redución. Cando nun mesmo período a/o interesada/o acredite distintos nomeamentos a tempo parcial, realizarase unha acumulación, sen que poida resultar, en ningún caso, unha xornada acumulada superior á xornada completa. O período de formación para a obtención do título de especialista non poderá ser valorado como tempo de servizos prestados. Os períodos de permiso sen soldo, así como a permanencia en situación de servizos especiais, valoraranse como tempo de servizos efectivamente prestados para os efectos deste baremo.

Os servizos prestados noutra categoría en promoción interna temporal polo persoal estatutario fixo valoraranse como servizos temporais na dita categoría.

2. Formación: 20 % (8 puntos).

2.1. Académica:

a) Estudos da correspondente diplomatura ou grao:

Plan antigo:

– Por cada matrícula de honra: 1,5 puntos.

– Por cada sobresaliente: 1 punto.

– Por cada notable: 0,5 puntos.

Non se valorará o sobresaliente cando se obtivese matrícula de honra.

A suma das puntuacións dividirase polo número total de materias avaliadas no plan de estudos, expresando o cociente con dous decimais. Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación política e educación física.

Plan novo:

A puntuación correspondente aos estudos de cada aspirante obterase mediante a aplicación do seguinte algoritmo:

0,5 Cn + 1 Cs + 1,5 Cmh

Ca + Cn + Cs + Cmh

As anotacións Ca, Cn, Cs e Cmh corresponden ao número total de créditos que na certificación académica estean adscritos a materias troncais e obrigatorias e nos cales, respectivamente, se obtiveron as cualificacións de aprobado, notable, sobresaliente e matrícula de honra. Non se puntuará o sobresaliente cando se obtivese matrícula de honra. Non serán valorados os créditos correspondentes a materias optativas ou de libre elección/configuración. A puntuación resultante expresarase con dous decimais. Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación política e educación física.

b) Posgrao:

1. Pola realización de todos os cursos de doutoramento (sistema anterior ao Real decreto 185/1985) ou pola realización do programa de doutoramento ata o nivel de suficiencia investigadora segundo os reais decretos 185/1985 e 778/1998, ou pola obtención do diploma de estudos avanzados (DEA): 1,5 puntos.

2. Título de doutor/a no ámbito das ciencias da saúde: 5 puntos.

3. Premio extraordinario de doutoramento no ámbito das ciencias da saúde: 0,5 puntos.

4. Máster universitario oficial, máster universitario-título propio, experto universitario, especialista universitario no ámbito das ciencias da saúde:

4.1. En caso de estar computado en créditos ECTS:

Título oficial: 0,05 puntos/crédito.

Título propio: 0,025 puntos/crédito.

4.2. En caso de estar computado en horas:

Título oficial: 0,005 puntos/hora.

Título propio: 0,0025 puntos/hora.

A titulación de máster debe rexistrala o/a aspirante en Fides/expedient-e na epígrafe de formación continuada recibida/máster.

Os números b.1) e b.2) son excluíntes entre si.

c) Docencia universitaria impartida no ámbito das ciencias da saúde: 0,5 puntos/curso académico, ata un máximo de 3 puntos.

2.2. Continuada:

1) Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación e perfeccionamento, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría e especialidade ou que estean dirixidos directamente á categoría e especialidade a que se opta, acreditados por algún dos seguintes:

a) Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde, créditos CFC.

b) Consello Internacional de Enfermaría (CIE), créditos CIFCE.

c) European Accreditation Council for CME (EACCME), créditos ECMEC, créditos da EACCME ou créditos CME da UEMS.

d) American Medical Association, créditos AMA PRA categoría 1.

2) Pola asistencia debidamente xustificada a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades, Inem, Cruz Vermella, colexios profesionais, organizacións sindicais ou avalados polo Servizo Galego de Saúde ou por calquera organismo público, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría e especialidade ou que estean dirixidos directamente á categoría e especialidade a que se opta.

3) Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación continuada realizados en aplicación dos acordos de formación continuada das administracións públicas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría e especialidade ou que estean dirixidos directamente á categoría e especialidade a que se opta.

– Por crédito CFC: 0,30 puntos.

– Por hora, crédito CIFCE, ECMEC ou AMA PRA categoría 1: 0,030 puntos.

A puntuación que se outorgará aos/ás aspirantes que impartisen cursos de formación continuada será de 0,060 puntos por hora de docencia impartida. Valorarase a formación impartida que teña un contido relacionado coas funcións propias da categoría e especialidade a que se opta.

Para o caso de que o certificado indique os créditos e as horas de duración, a valoración realizarase sempre polos créditos que figuren neste.

Valoraranse os cursos de formación realizados con independencia da data de obtención do título exixido para o acceso á categoría e especialidade a que se opta.

Os cursos de prevención de riscos, informática, xestión clínica, bioestatística e metodoloxía da investigación valoraranse en todas as categorías e especialidades, cunha puntuación máxima de 2 puntos. Á especialidade de enfermaría do traballo non lle será de aplicación o límite de dous puntos na valoración dos cursos de prevención de riscos laborais.

Non serán obxecto de valoración os diplomas relativos á realización de xornadas, seminarios, simposios, talleres ou similares, agás que estean debidamente acreditados pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde ou pola Comisión Autonómica.

Ás epígrafes de formación académica e formación continuada deste baremo asígnaselles unha puntuación máxima de 6 puntos.

2.3. Coñecemento da lingua galega:

Por ter obtido o Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia (curso de perfeccionamento de galego, de conformidade co establecido na disposición adicional segunda da Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se modifica a Orde do 16 de xullo de 2007, que regula os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega), aos cales se lles asignarán 2 puntos.

3. Outras actividades: (10 %) (4 puntos).

A) Polo título dunha ou varias especialidades de enfermaría recoñecidas na normativa vixente que non sexan requisito para o acceso á categoría en que se participa: 2 puntos.

B) Polo título dunha ou varias titulacións sanitarias recoñecidas no artigo 7 da Lei 44/2003, do 21 de novembro, de ordenación das profesións sanitarias, que non sexan requisito para o acceso á categoría en que se participa: 1 punto.

C) Por traballos científicos e de investigación no ámbito das ciencias da saúde, apreciados libremente pola comisión conforme os seguintes criterios e táboa de valoración:

C.1) Revistas científicas:

As publicacións deben pertencer a revistas científicas indexadas no CSIC (ICYT, ISOC), IBECS, Pubmed, Web of Knowledge (Wos), Embase, PsycINFO, CINAHL ou nalgunha das revistas indexadas en Cuiden que se relacionan no anexo V. Non serán obxecto de valoración as publicacións realizadas en revistas non indexadas nas bases de datos referidas.

– Os artigos científicos (orixinal, orixinal breve, revisión sistemática e metaanálise) ponderaranse da seguinte forma, conforme ao seu factor de impacto do Journal Citation Reports (JCR), vixente na data de publicación da convocatoria:

• Primeiro cuartil: 0,40 puntos.

• Segundo cuartil: 0,25 puntos.

• Terceiro e cuarto cuartil: 0,15 puntos.

• Revista indexada sen factor de impacto: 0,05 puntos.

– Outro tipo de publicacións (editoriais, cartas ou artigos de opinión, técnicas e procedementos):

• Primeiro cuartil: 0,10 puntos.

• Segundo cuartil: 0,05 puntos.

• Terceiro e cuarto cuartil: 0,02 puntos.

– No suposto de que á revista se lle atribúan diferentes cuartís en función da/das especialidade/s, asignarase sempre o cuartil máis alto.

– Non serán obxecto de valoración as notas clínicas, resumos de comunicacións e casos clínicos.

C.2) Libros ou capítulos de libros:

– Capítulo de libro: 0,10 puntos.

– Libro completo: 0,30 puntos.

Só terán a consideración de libro aquelas publicacións cun mínimo de 49 páxinas. Para a súa valoración, a publicación debe estar avalada por unha institución pública, académica, sociedade científica ou realizada por editoriais científicas de recoñecido prestixio.

Non se poderán valorar máis de tres capítulos dun mesmo libro. Non terán a consideración de libro aínda que adopten esta forma de edición as actas de congreso.

Por non reunir a condición de traballo científico e de investigación non serán obxecto de valoración os libros/capítulos editados como glosario, anuario, manuais de preparación para o acceso á formación sanitaria especializada e ao emprego público, cursos de formación continuada, protocolos de servizo, libros de casos clínicos, sesións interhospitalarias e demais que así aprecie o respectivo órgano de selección.

Por ser obxecto de valoración tal mérito noutra parte do baremo, non se lles asignará ningunha puntuación nesta epígrafe ás publicacións de teses doutorais.

Non serán obxecto de valoración as autoedicións e/ou autopublicacións, entendendo por tales aquelas publicacións financiadas ou promovidas por algún dos seus autores ou nas cales este figure como editor.

No suposto de libros de autoría colectiva, só será obxecto de valoración aquela publicación da cal, da documentación presentada pola/o aspirante, quede suficientemente acreditada a participación concreta nela. Enténdese por autoría colectiva aquela publicación en que intervén un mínimo de catro autores.

Os capítulos de libro en que interveñan catro ou máis autores non serán obxecto de valoración.

Normas comúns de valoración de libros e revistas.

– En ningún caso un mesmo contido determinado e obxectivable publicado baixo diferentes formas e en diferentes publicacións poderá ser obxecto de máis dunha valoración.

– Non serán obxecto de valoración as publicacións de carácter divulgativo. Para os efectos deste baremo, non terán a consideración de autor da publicación o coordinador, director e outros colaboradores.

D) Premios de investigación.

Por cada premio de investigación outorgado a traballos de investigación orixinais publicados, premios a comunicacións en congresos científicos e premios de recoñecido prestixio a traxectorias científicas, outorgados por sociedades científicas, organismos oficiais ou entidades sen ánimo de lucro debidamente rexistradas entre cuxos fins se encontre a investigación, ata un máximo de 1 punto.

Premio de ámbito internacional: 0,20 puntos.

Premio de ámbito nacional: 0,10 puntos.

E) Participación en proxectos de investigación.

Por cada participación en proxectos de investigación ou innovación financiados por organismos públicos:

a) Como investigador principal:

i. Proxectos internacionais: 2 puntos.

ii. Proxectos nacionais: 1 punto.

iii. Proxectos autonómicos: 0,30 puntos.

b) Como investigador colaborador:

i. Proxectos internacionais: 1 punto.

ii. Proxectos nacionais: 0,30 puntos.

iii. Proxectos autonómicos: 0,10 puntos.

Por cada participación en proxectos de investigación ou innovación en convocatorias competitivas financiados por organismos privados nacionais ou internacionais:

i. Como investigador principal: 0,30 puntos.

Para os efectos deste baremo, os proxectos de investigación non competitivos non serán baremables. Non se considerarán parte do equipo investigador o persoal contratado a cargo do proxecto nin as colaboracións puntuais nel.

F) Estadías formativas en centros de investigación nacionais ou estranxeiros: 0,05 puntos/mes completo.

Para os efectos deste proceso, teñen a condición de centros de investigación os centros receptores en que os profesionais desenvolvan actividades de investigación, trátese de centros do SNS, universidade, organismos públicos de investigación (OPI) e, en xeral, calquera centro de investigación dependente da Administración pública española ou estranxeira, que conten con grupos de investigación de traxectoria acreditada en biomedicina e ciencias da saúde.

G) Patentes:

– Solicitada e aceptada: 1 punto.

– En explotación: 2 puntos.

H) Por ter completado o programa de formación en investigación Río Hortega para profesionais que teñan finalizado a súa formación sanitaria especializada: 1 punto.

Este mérito debe rexistralo electronicamente o/a aspirante en Fides/expedient-e, na epígrafe de Outros méritos.

ANEXO II

Procedemento de acreditación de méritos

a) Formación académica

Acreditarase, segundo o suposto, mediante orixinal ou copia compulsada do título expedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte ou certificación da respectiva universidade, debidamente asinado, que deixe constancia de cada un dos méritos invocados polo/a aspirante e data en que foron causados. No relativo aos cursos de doutoramento, para que o dito mérito poida ser obxecto de valoración, a certificación que se achegue deberá deixar constancia expresa de que o/a aspirante realizou todos os cursos de doutoramento e indicar o programa e créditos obtidos. Noutro suposto non se entenderá debidamente acreditado tal mérito.

No suposto de titulacións obtidas no estranxeiro (UE), achegarase xunto coa copia compulsada do título tradución xurada deste ou equivalente e credencial de recoñecemento da titulación expedida polo Ministerio de Educación español.

As titulacións obtidas no estranxeiro (non UE) deberanse acreditar coa achega da copia compulsada do título, tradución xurada deste ou equivalente e documento de homologación ou validación expedido polo Ministerio de Educación español.

O expediente académico e cualificacións obtidas requiren, para a súa valoración, a presentación da certificación de recoñecemento ou equivalencia oficial.

Supostos específicos:

a) A acreditación da formación máster efectuarase mediante orixinal ou copia compulsada do título ou certificación da universidade en que conste ter sido superada polo/a aspirante a formación conducente á obtención do referido título, datas de realización e o número de horas ou créditos ECTS asignados á dita actividade formativa.

Poderáselle requirir á persoa aspirante a achega do programa formativo nos supostos en que non quede suficientemente acreditada a relación do seu contido co ámbito das ciencias da saúde.

b) A docencia universitaria impartida acreditarase mediante certificación da respectiva universidade en que se fará constar expresamente o cargo docente, tipo de vinculación, departamento ou área de coñecemento na que se impartiu a docencia e datas de inicio e fin da vinculación.

Noutro suposto non se entenderá debidamente acreditado o mérito.

b) Formación continuada

a) Recibida: acreditarase tal mérito mediante copia compulsada do certificado de asistencia ao curso en que deberá constar o organismo ou entidade que convocou e impartiu a dita actividade formativa, as datas de realización, contido do curso e número de créditos e/ou horas asignados. Poderáselle requirir á persoa aspirante a achega do programa formativo ou categoría/s destinataria/s.

No suposto de cursos acreditados pola Comisión Nacional ou Autonómica de Formación Continuada, deberá constar o organismo ou entidade que convocou e impartiu a dita actividade formativa, título da actividade formativa, as datas de realización, número de créditos e/ou horas asignados, logotipo da respectiva comisión e, ademais, o número de expediente se se trata de actividades formativas posteriores a abril de 2007.

Normas específicas para a formación en liña. Valoraranse aqueles diplomas de cursos en liña en que conste o número de créditos, número de expediente e logotipo da Comisión de Formación Continuada. Non será necesario que conste o número de expediente se se trata de cursos anteriores a abril de 2007.

Serán válidos ademais aqueles diplomas asinados dixitalmente por Digital Learning cun certificado dixital emitido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT), así como aqueles que se poidan referenciar a unha web verificable ou cotexable polo órgano de selección. Noutro suposto deberá achegarse certificación orixinal asinada polo órgano que impartiu a actividade formativa, que conterá toda a información exixida nesta epígrafe.

No suposto de formación en liña con desenvolvemento nun rango de datas, será válida a formación que conste superada dentro das ditas datas.

Valoraranse os módulos ou partes integrantes dun curso nos supostos en que quede debidamente acreditada a carga lectiva e horas/créditos asignados de forma diferenciada.

Non se valorarán nesta epígrafe os cursos/módulos que sexan parte dunha titulación de formación académica.

O órgano de selección resérvase o dereito de poder exixir ao aspirante calquera documentación complementaria e/ou rexeitar calquera certificado en liña cando existan dúbidas razoables sobre a súa autenticidade.

b) Impartida: acreditarase mediante certificación do organismo ou entidade convocante, en que deberá constar o contido da actividade formativa, así como o número de horas de docencia impartidas.

Noutro suposto non se entenderá debidamente acreditado tal mérito.

c) Experiencia profesional

A experiencia profesional en institucións públicas acreditarase mediante certificación emitida pola Dirección de Recursos Humanos do centro ou órgano equivalente en que deberá constar a seguinte información: categoría/especialidade, tipo de vínculo (fixo, temporal, atención continuada, formación, promoción profesional temporal), réxime xurídico de vinculación (laboral, funcionario, estatutario), data de inicio e fin de cada unha das vinculacións/nº de horas no suposto de vínculos de atención continuada, total de días de vinculación, réxime de xornada (xornada completa, tempo parcial).

No suposto de institucións sanitarias públicas, tal certificación deberá facer constar expresamente a natureza pública da institución e a súa integración no sistema sanitario público do Estado respectivo. Noutro caso a experiencia profesional non será obxecto de valoración.

Non será necesario acreditar documentalmente a experiencia profesional nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade, así como a condición de centro concertado co Servizo Galego de Saúde.

d) Publicación de traballos científicos e de investigación

Revistas científicas indexadas en Pubmed. Non será necesaria a súa acreditación documental. O/a aspirante consignará na aplicación informática, no espazo habilitado para o efecto, o código de identificación PMID e rexistrará manualmente a información relativa a número de sinaturas, número de orde de sinaturas e tipo de publicación. O sistema realizará a captura automática da información relativa aos outros campos da base de datos de Pubmed para a súa posterior validación.

Revistas científicas indexadas no CSIC (ICYT, ISOC), IBECS, Web of Knowledge (Wos), Embase, PsycINFO, CINAHL e CUIDEN. Acreditarase tal mérito mediante certificación ou copia impresa compulsada ou autenticada pola editorial responsable ou organismo público con competencias en xestión e arquivamento de publicacións. Na certificación ou copia impresa deberá constar o nome da revista, o título do traballo, o seu autor e a data de publicación.

Libros/capítulos de libro editados en papel. Deberá achegarse copia compulsada das follas en que conste o título do libro, o título do capítulo, o autor, a editorial, o seu depósito legal e/ou ISBN/NIPO, lugar e ano de publicación e índice da obra. Ademais, deberá quedar acreditado o número de páxinas do libro/capítulo e que tal publicación está avalada por unha institución pública, académica, sociedade científica ou realizada por editoriais científicas de recoñecido prestixio.

Libros editados en formato electrónico. Acreditarase tal mérito mediante certificación ou copia impresa autenticada pola editorial ou organismo público con competencias de xestión e arquivo de publicacións, na cal se fará constar a autoría do capítulo e demais datos bibliográficos básicos que identifiquen a obra e/ou capítulo (autores, data de publicación, edición, ano, URL e data de consulta e acceso). Tal publicación deberá estar avalada por unha institución pública, académica, sociedade científica ou realizada por editoriais científicas de recoñecido prestixio.

Noutro suposto non se entenderá debidamente acreditado tal mérito.

e) Premios de investigación

Acreditarase tal mérito mediante copia compulsada do diploma de concesión. Se no diploma non consta expresamente o seu ámbito, deberá complementarse tal documentación coa achega das bases de convocatoria do premio.

Noutro suposto non se entenderá debidamente acreditado tal mérito.

f) Proxectos de investigación

A participación como investigador principal no proxecto de investigación acreditarase mediante copia da publicación oficial da resolución de convocatoria, sempre que consten os datos necesarios para identificar o proxecto e o investigador, ou certificado de participación expedido polo organismo financiador, en que consten os datos identificativos do interesado e do proxecto en que participa.

A participación como investigador colaborador acreditarase mediante a presentación da copia de resolución de convocatoria se nela consta tal participación. O/a aspirante deberá constar como parte do equipo investigador definido no documento de solicitude do proxecto ou en documento posterior que así o acredite no caso de que houbese cambios no equipo investigador ao longo da súa vixencia.

No suposto de que o organismo convocante non expida certificados de participación, deberá achegarse certificado asinado polo investigador principal en que conste a identidade do/dos colaborador/es, notificación acreditativa de concesión do proxecto ao investigador principal expedida polo organismo e copia do proxecto orixinal enviado a convocatoria en que deberá constar a identidade dos investigadores colaboradores.

g) Estadías formativas

Acreditaranse mediante certificación do responsable da estadía (director do centro) en que se faga constar o obxecto da estadía e as datas de inicio e fin.

Non serán tidas en conta as rotacións externas realizadas, de ser o caso, durante o período formativo dunha especialidade.

h) Patentes

As patentes solicitadas e aceptadas acreditaranse coa inscrición no Rexistro de Patentes.

As patentes que se encontren en explotación acreditaranse coa achega do acordo de explotación da patente.

i) Programa de formación en investigación Río Hortega

Este mérito deberá ser rexistrado electronicamente polo/a aspirante en Fides/expedient-e na epígrafe de «Outros méritos».

Acreditarase este mérito mediante contrato de traballo asinado entre o candidato e a entidade beneficiaria, xunto co que se achegará informe de vida laboral expedido polo INSS.

j) Compulsa de documentos

As copias dos documentos orixinais acreditativos de méritos que se acheguen deberán estar cotexadas polo responsable do rexistro onde se presenten ou compulsadas por notario ou funcionario público acreditado para a realización de tales funcións.

k) Tradución de documentos

Os títulos ou certificacións que estean redactados nun idioma distinto a calquera dos oficiais do Estado español deberán acompañarse da súa tradución ao castelán ou galego, que deberá efectuarse:

a) Por tradutor xurado, debidamente autorizado ou inscrito en España.

b) Por calquera representación diplomática ou consular do Estado español no estranxeiro.

c) Pola representación diplomática ou consular en España do país de que é cidadán/cidadá o/a solicitante ou, de ser o caso, do de procedencia do documento.

Respecto dos traballos científicos e de investigación redactados nun idioma distinto a calquera dos oficiais do Estado español, non será necesario presentar copia traducida.

ANEXO III

Instrucións de acceso ao expediente electrónico (Fides)

A Oficina Virtual do Profesional (Fides) constitúe o punto de encontro telemático entre o Servizo Galego de Saúde e os/as profesionais cos cales mantén unha vinculación, así como coas persoas aspirantes e profesionais doutros servizos de saúde que participen nos procesos de selección e provisión de prazas convocados por este organismo, e configúrase como a plataforma de acceso ao expediente electrónico do/da profesional ou aspirante.

O acceso a Fides poderase realizar desde:

– Internet.

– A intranet do Servizo Galego de Saúde (só dispoñible para profesionais en activo do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade, e desde equipamentos informáticos situados fisicamente na rede corporativa).

1. Acceso desde a internet.

1.1. Acceso desde a internet con certificado dixital.

Os/as profesionais do Servizo Galego de Saúde poderán acceder desta forma a Fides a través do enderezo http://fides.sergas.es

É requisito indispensable dispor dun certificado dixital para acceder a través desta vía. Os certificados aceptados son os expedidos pola FNMT (Fábrica Nacional de Moeda e Timbre) e o DNI electrónico (DNIe).

Para obter o certificado dixital expedido pola FNMT será preciso solicitalo a través da internet (no enderezo www.cert.fnmt.es) ou ben en calquera oficina da Axencia Tributaria (Ministerio de Economía e Facenda).

Se o/a usuario/a xa dispón dunha tarxeta sanitaria do Servizo Galego de Saúde con chip electrónico, esta xa contén un certificado da FNMT, polo que non será necesario solicitar un novo. De feito, a solicitude dun novo certificado inhabilitará o que existe na tarxeta sanitaria.

Pola súa parte, o DNI electrónico (DNIe) poderase solicitar nas oficinas da Dirección Xeral da Policía.

Para identificar o/a usuario/a mediante tarxeta sanitaria do Servizo Galego de Saúde con chip electrónico ou a través do DNI electrónico, será preciso, con carácter xeral, dispor dun lector de tarxetas. Non se requirirán lectores de tarxetas unicamente no suposto de dispor dun certificado dixital da FNMT instalado no propio equipo.

Os/as usuarios/as poderán solicitar información e obter asesoramento sobre a acreditación electrónica nos PAE (punto de acreditación electrónica) habilitados polo Servizo Galego de Saúde nos diversos centros sanitarios de atención especializada e atención primaria do organismo.

Os servizos que, a través desta forma de acceso, terán dispoñibles os/as profesionais actualmente vinculados ao Servizo Galego de Saúde serán tanto o acceso á xestión do expediente electrónico e á inscrición electrónica no proceso de concurso específico e demais procesos de selección e provisión de prazas que convoque este organismo, así como ao resto de funcionalidades existentes na Oficina Virtual do Profesional (Fides).

A primeira vez que un/unha profesional acceda con certificado dixital a Fides solicitaráselle que cubra un formulario de alta con datos básicos.

1.2. Acceso desde a internet sen certificado dixital.

O acceso a Fides desde a internet sen certificado dixital pode efectuarse a través do enderezo http://fides.sergas.es, mediante o sistema Chave365, que lles permite aos/ás cidadáns/cidadás maiores de idade identificarse tanto en Fides como na sede electrónica da Xunta de Galicia sen necesidade de usar certificados dixitais nin DNI electrónico.

Pódese atopar toda a información relativa ao sistema Chave365 neste enderezo: https://sede.xunta.gal/chave365

2. Acceso desde a intranet do Servizo Galego de Saúde.

Esta vía só estará dispoñible para profesionais en activo do Servizo Galego de Saúde e desde equipamentos informáticos situados fisicamente na rede corporativa do citado organismo.

Os/as profesionais cun vínculo activo terán, mediante este sistema, acceso á totalidade de servizos e funcionalidades de Fides, incluído o acceso á xestión do expediente electrónico e á inscrición electrónica no proceso de concurso específico.

O acceso a Fides realizarase mediante o código de usuario e contrasinal que os/as profesionais en activo xa teñen asignado e utilizan habitualmente para acceder ao resto de funcionalidades do sistema.

3. Manual de instrucións de acceso e funcionamento do expediente electrónico e validación da documentación.

Na sede electrónica do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) figura á disposición dos/das concursantes un manual de instrucións sobre o acceso e funcionamento do expediente electrónico, os diferentes estados en que pode atopar a información relativa aos seus méritos e normas de validación da documentación que hai que achegar.

ANEXO IV

Revistas incluídas en CUIDEN

Título da revista

Abreviatura

ISSN

ACTA Paulista de Enfermagem

Acta Paul Enferm -Bra-

0103-2100 e 1982-0194

Actualizaciones en Enfermería

Actual Enferm -Col-

0123-5583

Àgora d\'Infermeria

AgInf

1575-7668

Anales de la Escuela Universitaria de Ciencias de la Salud de Zaragoza

Anal Cienc Salud

1139-7101

Aquichán

Aquichán

1657-5997

Archivos de la Memoria

Arch Memoria

1699-602X

Avances en Enfermería

av.enferm. -Col-

0121-4500

Biblioteca Lascasas

Biblioteca Lascasas

1885-2238

Ciber Revista: enfermeriadeurgencias.com

Ciber Revista -Esp-

1579-5527

Ciencia y Enfermería

Cienc enferm -Chi-

0717-2079 ISSN 0717-9553

(versión en liña)

Ciência, Cuidado e Saúde

Ciência, Cuidado e Saúde

1677-3861

Clínicas de Enfermería de Norteámerica

Clin Enferm de Norteamérica

968-25-1751-6

Cogitare Enfermagem

Cogitare Enferm

1414-8536

Comunicación Enfermera

Comunic Enferm

1135-4259

Cuestiones de Fisioterapia

Cuest Fisiot -Esp-

1135-8599

Cuidando la Salud

Cuid Salud

1696-1005

Cultura de los Cuidados

Cul Cuid

1138-1728

Cultural Dynamics

CD

0921-3740

Desarrollo Científico de Enfermería

Desarrollo Científ Enferm -Méx-

1405-0048

e-ducare21. Revista electrónica de formación enfermera

Educare21 -Esp-

1696-820 (-2005) 14582-214 (2006)

EGEH. Enfermería en Gastroenterología y Hepatología

EGEH

1578-4533

Enfermagem em Foco

Enferm Foco

2177-4285

Enfermería Actualidad

Enfermería Actualidad

1135-4097

Enfermería Científica

Enferm Científ

0211-9005

Enfermería Clínica

Enferm Clínica

1130-8621

Enfermería Comunitaria. Revista internacional de cuidados de salud familiar y comunitaria

Enferm Comunitaria (Gran)

1699-0641

Enfermería Dermatológica ANEDIDIC

Enferm Dermatol

1888-3109

Enfermería Docente

Enferm Docente -Esp-

1131-2335

Enfermería en Anestesia-Reanimación y Terapia del dolor

Enferm Anest

1579-8240

Enfermería en Cardiología

Rev Enferm Cardiol -Esp-

1575-4146

Enfermería en Endoscopia Digestiva

Enferm Endosc Dig

2341-3476

Enfermería Global

Enferm Global -Esp-

1695-6141

Enfermería Integral

Enferm Integral

0214-0128

Enfermería Intensiva

Enferm Intensiva

1130-2399

Enfermería Nefrológica. Revista Oficial de la Sociedad

Española de Enfermería Nefrológica

Enferm Nefrol

2254-2884

Enfermería Oncológica

Enferm Oncológica

1576-5520

Enfermería Radiológica

Enferm Radiológica

1137-5698

Enfermería universitaria

Enferm Universitaria -Mex-

1665-7063

Enfermería: Cuidados humanizados

Enfermería (Montev.)

1688-8375

Enfoque la Revista Científica de Enfermería

Enfoque

1816-2398

Enfuro

Enfuro

0210-9476

Escola Anna Nery Revista de Enfermagem

Esc. Anna Nery R.

Enferm. -Bra-

1414-8145

Evidentia. Revista de Enfermería Basada en la Evidencia

Evidentia

1697-638X

Excelencia Enfermera

Excel Enferm

1698-0530

Garnata 91

Garnata

1134-1858

Gerokomos

Gerokomos

1134-928X

Híades

Híades

1134-5160

Horizonte de Enfermería

Horizonte Enferm -Chi-

0716-8861

Hospital

Hospital

1374-321X

Hygia (Sevilla)

Hygia

1137-7178

Hygia de Enfermería

Hygia de Enfermería

1576-3056

Iaso. Revista Científica del Colegio Oficial de Enfermería

de Almería

Iaso

1135-4828

Index de Enfermería (edición digital). Información

Bibliográfica, Investigación y Humanidades

Index Enferm

1699-5988

Index de Enfermería. Información Bibliográfica, Investigación y Humanidades

Index Enferm

1132-1296

Inquietudes

Inquietudes

papel1135-2086 dixital

2254-7266

International Nursing Review (en español)

Int Nursing Rev

1577-9378

Investigación & Cuidados. Revista de la Organización

Colegial de Enfermería de la Comunidad Valenciana

Invest & Cuid

1698-4587

Investigación en enfermería: imagen y desarrollo

Inv Enf

0124-2059 impreso / 2027-128X en liña

Investigación y Educación en Enfermería

Invest Educ Enferm -Col-

0120-5307

Journal of Nursing and Health

J Nurs Health

2236-1987

Matronas Profesión

Matronas Prof

1578-0740

MEDWAVE - Enfermería

Medwave -Chi-

0717-6384 

Metas de Enfermería

Metas Enferm

1138-7262

Nosocomio

Nosocomio

1133-3847

Notas de Enfermería

Not Enferm

1130-734X

Notas de Enfermería

Notas Enferm

1130-734X

Nuberos

Nuberos

1699-7042

Nuberos Científica. Revista de la Fundación de la Enfermería de Cantabria

Nuberos Científica

2173-822X

Nure Investigación

Nure Inv

1697-218X

Nurse Education Today

NEDT

0260 6917

Nursing

Nursing -Ed esp-

0212-5382

Oncology Nurses Hoy

Oncology Nurses

1386-1301

Paginasenferurg.com

Pag Enferurg

1989-2829

Paraninfo Digital

Rev Paraninfo Digital

1988-3439

Pensar Enfermagem

Pensar Enferm

0873-8904

Presencia

Presencia

1885-0219

Revista Baiana de Enfermagem

Rev Baiana Enferm

0102-5430

Revista Bioethikos

Rev Bioethikos

1981-8254

Revista Brasileira de Enfermagem

REBEn

0034-7167

Revista Científica de la Sociedad Española de Enfermería Neurológica

Rev Cient Soc Esp Enferm Neurol

2013-5246

Revista Colombiana de Enfermería

Rev. Col. Enf.

1909-1621 dixital 1665-7063

Revista Cubana de Enfermería

Rev Cubana Enfermer

0864-0319

Revista CUIDARTE

Rev Cuid

2216-0973; E:2346-3414

Revista da Escola de Enfermagem Universidade da Sao Paulo [Revista da Escola de Enfermagem da USP]

Rev Esc Enferm USP -Bra-

0080-6234

Revista da Faculdade Santa Marcelina

Faculdade Santa Marcelina em Revista -Bra-

1806-5058

Revista de Educación e Investigación en Enfermería

Rev. Aladefe

2174-6915 / Depósito legal: M-34990-2011

Revista de Enfermagem Atenção e Saùde

Rev Enferm Atenção Saúde [Online]

2317-1154

Revista de Enfermagem da UFSM

R. Enferm. UFSM

2179-7692

Revista de Enfermagem da Universidade Federal do Piauí

REUFPI

2238-7234

Revista de Enfermagem do Centro-Oeste Mineiro

R. Enferm. Cent. O. Min.

2236-6091

Revista de Enfermagem Referência

Referência

0874-0283

Revista de Enfermagem UFPE On Line

Rev Enferm UFPE On Line

1981-8963

Revista de Enfermería del Instituto Mexicano del Seguro Social

Rev Enferm IMSS -Méx-

0188-431X

Revista de enfermería neurológica

Enf Neurológica

1870-6592

Revista de Enfermería. Publicación de la Escuela

Universitaria de Enfermería de Albacete

Enferm Univ Albacete

1131-7957

Revista de la Asociación Española de ATS en Urología

Rev AE ATS Urolog

0210-9476

Revista de la Asociación Española de Enfermeras en VIH/SIDA

Rev AE Enf VIH

1575-3549

Revista de la Asociación Española de Enfermería en Urología

Rev AE Enferm Urolog

0210-9476

Revista de la Asociación Española de Enfermería Quirúrgica

AEEQ

1885-2548 e 2340-6070

Revista de la Escuela de Enfermería La Fe de Valencia

Rev EUE La FE

1139-837X

Revista de la Sociedad Española de Enfermería Nefrológica

Rev Soc Esp Enferm Nefrol

1139-1375

Revista de la sociedad española de enfermería radiológica

RSEER

1698-0301

Revista de Pesquisa: Cuidado é Fundamental Online

R de Pesq: cuidado é fundamental Online -Bra-

2175-5361

Revista de Pesquisa: Cuidado é Fundamental.

Nursing & Research

R de Pesq: cuidado é fundamental -Bra-

1809-6107

Revista de Rede de Enfermagem do Nordeste

Rev RENE

1517-3852//

electrónico: 2175-6783

Revista Eletrônica de Enfermagem

REE -Bra-

1518-1944

Revista ENE de Enfermería

Rev ENE Enferm

1988-348X//

1198-348X

Revista Enfermagem UERJ

R Enferm UERJ

0104-3552

Revista Enfermería Actual en Costa Rica

REVENF

1409-4568

Revista Enfermería del Trabajo

Enferm Trab

2174-2510

Revista Enfermería Herediana

Rev enferm Herediana

Versión impresa: 1998-5487, versión dixital: 2075-4000

Revista Ética de los Cuidados

Rev Etica de los cuidados

1988-7973

Revista Gaúcha de Enfermagem

Rev Gaúcha Enferm

0102-6933

Revista InfoTrauma

InfoTrauma

1698-5443

Revista Investigação em Enfermagem

Revista Investigação em Enfermagem -Por-

0874-7695

Revista Latino-Americana de Enfermagem

Rev Latino-am Enfermagem -Bra-

Impresa 0104-1169 // en liña 1518-8345

Revista Mexicana de Enfermería Cardiológica

Rev Mex Enferm Cardiológica

1405-0315

Revista Mineira de Enfermagem

Reme -Bra-

1415-2762

Revista Nursing -edición brasileira-

Revista Nursing -Bra-

1415-8264

Revista Panamericana de Enfermería

Rev Panam Enferm -Méx-

1679-74851

Revista Paulista de Enfermagem

Rev Paul Enf

0100-8889

Revista Rol de Enfermería

Rev ROL Enferm

0210-5020

Revista Saúde coletiva

Saúde coletiva -Bra-

1806-3365

Revista Técnico-científica de Enfermagem

RECENF

1677-7271

Revista Tesela. Revista de la Asociación Nacional

de Directivos de Enfermería

Rev Tesela

1887-2255

RN (Revista de Formación Continuada en Enfermería)

RN

1132-6220

RQR Enfermería Comunitaria

RqR

2254-8270

Salut

Salut

0214-3631

SEDENE. Publicación Oficial de la Sociedad Española

de Enfermería Neurológica

SEDENE

2013-1836 / D.L.: A-391-2000

SMAD Revista Eletrônica Saúde Mental Álcool e Drogas

SMAD, Rev. Eletrônica Saúde Mental Álcool Drog

1806-6976

SOBECC, em Revista

Rev SOBECC

1414-4425

Temas de Enfermería Actualizados

Temas Enferm Act

0328-5057

Temperamentvm

Temperamentvm

1699-6011

Tempus Vitalis. Revista Electrónica Internacional para

el Cuidado del Paciente Crítico.

Tempus Vitalis -Esp-

1578-5963

Texto & Contexto: Enfermagem

Texto Contexto Enferm

0104-0707

TOG. Revista Terapia Ocupacional Galicia

TOG -A Coruña-

1885-527X

Visión de Enfermería Actualizada

VEA

1669-385X