Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 2 de abril de 2018 Páx. 18176

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de resolución (RSU 1998/2015 IS).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1998/2015 desta sección, seguido por instancia do Fogasa contra Limpiezas Secope, S.A., Manuel Tomé González sobre despedimento disciplinario, foi ditada pola Sala do Social do Tribunal Supremo con data 31.1.2018 a seguinte resolución:

«1. Desestimar o recurso de casación para a unificación de doutrina interposto polo Fondo de Garantía Salarial, representado e asistido polo avogado do Estado.

2. Confirmar a sentenza ditada o 29 de setembro de 2015 pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no recurso de suplicación núm. 1998/2015, que resolveu o formulado contra a sentenza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, do 25 de febreiro de 2015, ditada nos autos núm. 1033/2014, seguidos por instancia de Manuel Tomé González, contra Limpiezas Secope, S.A. e o Fogasa, sobre despedimento obxectivo individual.

3. Impor as custas ao recorrente.

Notifíquese esta resolución ás partes e insírase na colección lexislativa.»

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas Secope, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de marzo de 2018

A letrada da Administración de xustiza