Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 28 de marzo de 2018 Páx. 18000

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO para a contratación das obras de execución do cuarto programa de murais.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Servizo Patrimonio Histórico. Número de expediente: 8.845-307.

2. Obxecto do contrato: a execución das obras do proxecto actuacións preparatorias orientadas ao desenvolvemento do 4º programa para pintado de medianeiras e outros elementos verticais con incidencia na vía pública.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: 90 días. Prórroga: non procede.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 246.745,88 euros. IVE para soportar pola Administración: 51.816,64 euros. Orzamento total: 298.562,52 euros.

5. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: si (5 % do prezo de adxudicación do contrato excluído o IVE). c) Complementaria: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante); teléfono: (986) 81 01 48; fax: (986) 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata sete (7) días antes do día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: considerarase con solvencia económica e financeira aos licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato ou estar en posesión da seguinte clasificación: grupo c), subgrupo 4, categoría 2. b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: certificacións ou documentos que acrediten a boa execución de contratos de obras ou traballos similares aos do obxecto do contrato executados, como máximo, nos dez últimos anos (entenderase que este prazo remata o último día para a presentación de ofertas). Indicaranse importe, datas e destino público ou privado. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos dez anos xustifican ter realizado traballos similares aos do obxecto do contrato cuxo importe, en conxunto, sexa igual ou superior ao prezo do contrato ou estar en posesión da seguinte clasificación: grupo c), subgrupo 4, categoría 2.

8. Presentación de ofertas: prazo: rematará aos vinte e seis (26) días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 das FEC.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo. Praza do Rei, nº 1, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Admisión de melloras: non.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 2 de marzo de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación