Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 28 de marzo de 2018 Páx. 18002

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación das obras de humanización da estrada provincial.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Servizo Administrativo Área de Fomento. Número de expediente: 18-441.

2. Obxecto do contrato: a execución das obras do proxecto humanización da estrada provincial 2002-Gran Vía avda. Madrid, rúa Emilia Pardo Bazán, entre Gran Vía e avda. Arquitecto Palacios.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: doce (12) meses. Prórroga: non procede.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 2.388.998,56 euros. IVE para soportar pola Administración: 501.689,70 euros. Orzamento total: 2.890.688,26 euros.

5. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: si (5 % do prezo de adxudicación do contrato excluído o IVE). c) Complementaria: si, por un importe do 5 % do prezo de adxudicación do contrato excluído o IVE, cando a oferta adxudicada, fose cualificada inicialmente como en presunción de oferta anormal ou desproporcionada e fose xustificada adecuadamente.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante); teléfono: (986) 81 01 48; fax: (986) 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata sete (7) días antes do día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: grupo G Viais e pistas, subgrupo 6 Obras viarias sen cualificación específica, categoría 3 e grupo E Hidráulicas, subgrupo 1, categoría 3. b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: grupo G Viais e pistas, subgrupo 6 Obras viarias sen cualificación específica, categoría 3 e grupo E Hidráulicas, subgrupo 1, categoría 3.

8. Presentación de ofertas: prazo: rematará aos vinte e seis (26) días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 das FEC.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo. Praza do Rei, nº 1, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Admisión de melloras: non.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 2 de marzo de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación