Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 28 de marzo de 2018 Páx. 17999

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Teo

ANUNCIO de corrección de erros dos pregos da licitación do servizo de telefonía fixa e móbil, así como liñas de datos para acceso á internet e creación e mantemento das infraestruturas necesarias para a correcta prestación do servizo (expediente S-1/2018).

Mediante Resolución da Alcaldía, do 23 de marzo de 2018 (Res. 272/2018), acordouse corrixir o erro material detectado no número 4.1 do prego de prescricións técnicas do servizo de telefonía fixa e móbil, así como liñas de datos para acceso á internet e creación e mantemento das infraestruturas necesarias para a correcta prestación do servizo (expediente S-1/2018), de xeito que onde di: «Casa común de Rarís 100Mb/10Mb», debe dicir: «Casa Común de Rarís 3Mb/0,1Mb».

Así mesmo, corríxese o erro material detectado no anexo V do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a contratación do servizo referido, de xeito que onde di: «Casa común de Rarís 100Mb», debe dicir: «Casa común de Rarís 3Mb», e onde di: «Casa común de Rarís 10Mb», debe dicir: «Casa común de Rarís 0,1Mb».

Este anuncio de corrección será publicado no Boletín Oficial da provincia, no Diario Oficial de Galicia e no perfil do contratante do Concello de Teo, e abre un novo prazo de quince (15) días naturais desde a publicación do último anuncio para efectos da presentación de ofertas.

Comunícase que serán tidas en conta tanto as ofertas presentadas no segundo prazo de presentación como aquelas que se presentasen no primeiro prazo e non fosen retiradas, sempre e cando non haxa duplicidade de presentación por parte dalgunha empresa, caso en que sería excluída do procedemento por aplicación do artigo 145.4 do Real decreto lexislativo 3/2011 polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Teo, 23 de marzo de 2018

Rafael C. Sisto Edreira
Alcalde