Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 27 de marzo de 2018 Páx. 17707

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO de notificación e auto de aclaración de sentenza (442/2015).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 442/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Elena Pombo Santamaría contra a empresa Víctor Gabriel González Romero, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Sentenza

A Coruña, vinte de novembro de dous mil dezasete.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 442/2015, sendo parte nel, dun lado como demandante María Elena Pombo Santamaría, representada polo letrado Pedro Pedreira Candal, e como demandado Víctor Gabriel González Romero, que non comparece, sobre reclamación de cantidade, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza

Antecedentes de feito:

Primeiro. A parte demandante presentou demanda que por quenda correspondeu a este Xulgado do Social número 2 da Coruña, na cal, tras expor os feitos e alegar os fundamentos de dereito que considerou pertinentes, remataba suplicando que se ditase sentenza conforme o pedido.

Segundo. Admitida a trámite a dita demanda, sinalouse a realización do acto de xuízo e este tivo lugar na data sinalada en todas as súas fases co resultado que consta na acta redactada para o efecto e que quedou debidamente gravado no correspondente soporte CD. Unha vez concluso o acto do xuízo, quedaron os autos vistos para ditar sentenza.

Terceiro. Na tramitación dos presentes autos observáronse as normas legais de procedemento.

Decisión:

Que estimando a demanda interposta pola demandante María Elena Pombo Santamaría debo condenar e condeno a empresa Víctor Gabriel González Romero a que lle aboe á demandante a cantidade de 3.567,30 euros polos conceptos reclamados en demanda, máis o 10 % de xuros por demora.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar o xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá no momento de interpor o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, o pronuncio, mando e asino».

«Auto de aclaración de sentenza 492/17.

Maxistrado xuíz: Jorge Hay Alba.

A Coruña, trinta de outubro de dous mil dezasete.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Neste procedemento ditouse en data 20 de setembro de 2017 sentenza que foi notificada ás partes.

Segundo. Na dita resolución consta a data de “vinte de novembro de dous mil dezasete”, e este é un erro material de transcrición.

Terceiro. Despois de asinada a dita resolución advertiuse que na data da resolución se cometeu un erro material e onde pon “vinte de novembro de dous mil dezasete” debe dicir “vinte de setembro de dous mil dezasete”.

Parte dispositiva

Dispoño:

1. Aclarar a sentenza ditada con data vinte de setembro de dous mil dezasete nos seguintes termos:

Onde di: “Na Coruña o vinte de novembro de dous mil dezasete”, debería dicir: “Na Coruña o vinte de setembro de dous mil dezasete”.

2. Incorporar esta resolución ao libro que corresponda e levar testemuño aos autos.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra este auto non cabe interpor recurso ningún distinto ao que, de ser o caso, se poida interpor fronte á resolución aclarada.

Así o acorda e asina o maxistrado xuíz. Dou fe.

O maxistrado xuíz A letrada da Administración de xustiza»

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Víctor Gabriel González Romero, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de marzo de 2018

A letrada da Administración de xustiza