Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 27 de marzo de 2018 Páx. 17705

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4688/2017 IP).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 4688/2017 IP

Xulgado de orixe/autos: impugnación de actos da Administración 959/2013 Xulgado do Social número 4 da Coruña

Recorrente: María Jacaranda de la Fuente Evangelista

Avogada: Marina Isabel Álvarez Santos

Procurador: Luis Ángel Painceira Cortizo

Recorridos: Servizo Público de Emprego Estatal, Eurometal Galicia, S.L.

Avogados: letrado do Servizo Público de Emprego Estatal, María Cristina Terrón Malvis

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4688/2017 desta sección, seguido por instancia de María Jacaranda de la Fuente Evangelista, sobre desemprego, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de xustiza María Isabel Freire Corzo.

A Coruña, 6 de marzo de 2018.

O anterior escrito presentado polo procurador Ángel Painceira Corizo, en nome e representación de María Jacaranda de la Fuente Evangelista, únese ao recurso da súa razón. Tense por preparado o recurso de casación para unificación de doutrina e concédeselle á parte recorrente o prazo de quince días para interpor o recurso ante esta sala, facéndolle saber que os autos se encontran á súa disposición na oficina xudicial para a súa entrega ou exame se o considera necesario e que deberá sinalar un domicilio para notificacións na sede do Tribunal Supremo, salvo que xa o tivese designado.

Requírase a recorrente para que achegue no momento de interposición do recurso certificación das sentenzas que invoca con expresión da súa firmeza. Ao outrosí digo téñense por feitas as manifestacións neste contidas.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún, sen prexuízo de que a parte contra a cal se recorre se poida opor á admisión do recurso ao comparecer ante o Tribunal Supremo.

A letrada da Administración de xustiza.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Euro Metal Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de marzo de 2018

A letrada da Administración de xustiza