Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 26 de marzo de 2018 Páx. 17436

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 16 de marzo de 2018 polo que se somete ao trámite de información pública a separata para información pública do proxecto de construción da ampliación de calzada na estrada AC-552, punto quilométrico 9+000 a 9+650, de clave AC/17/178.10, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto.

Para os efectos previstos no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, sométese ao trámite de información pública a separata para información pública do proxecto de construción da ampliación de calzada na estrada AC-552, p.q. 9+000 a 9+650, de clave AC/17/178.10, que ten por obxecto actuar na estrada de titularidade autonómica AC-552, que discorre no termo municipal de Arteixo.

As obras expostas neste proxecto perseguen o incremento da capacidade da estrada AC-552 no treito indicado, así como a mellora da seguridade viaria da actual intersección coa travesía da Groufa. Tamén se pretende absorber os tráficos xerados en hora punta, que na actualidade prexudican os accesos ao Polígono de Sabón e a circulación de entrada e saída asociada á parcela de Inditex, todo isto mediante a execución dunha glorieta.

Deste xeito, as obras previstas comprenden as seguintes actuacións:

– Construción dun carril adicional na marxe dereita da AC-552 en sentido cara ao núcleo de Arteixo para incrementar a capacidade da dita vía.

– Execución dunha glorieta para a conexión coa AC-552 da estrada provincial DP-0512 e da futura vía en execución por parte de Inditex.

– Mellora da seguridade viaria mediante a renovación da sinalización, balizamento e defensas na vía.

– Recuamento e reposición das infraestruturas existentes na marxe dereita da vía.

– Traslado das paradas de bus.

– Reposición da rede de drenaxe.

– Disposición de beirarrúas para a reposición das paradas de autobús.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o mencionado proxecto de trazado sométese ao trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado da estrada.

Segundo. Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de expropiación forzosa, se someta a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña) e na casa do Concello de Arteixo (praza Alcalde Ramón Dopico, 1, 15142 Arteixo, A Coruña). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (http://civ.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas), atópase á disposición dos interesados o documento completo da separata do proxecto de construción.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2018

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO
Relación de bens, dereitos e propietarios afectados
Proxecto de construción da ampliación de calzada na estrada AC-552, p.q. 9+000 a 9+650, de clave AC/17/178.10

Concello de Arteixo.

Nº de

predio

Referencia catastral

Propietario

Situación

Uso principal

Tipo de predio

Expropiación forzosa

Ocupación temporal

Bens afectados

1

0359902NH4906S0001ZA

Apetece Artesanos de la Empanada, S.L.

Polígono de Sabón, 8-B

Industrial

Parcela construída sen división horizontal

34,01 m²

--

231,09 ml murete bloque e malla

2

0359903NH4906S0001UA

Inditex, S.A.

Polígono de Sabón, 9

Industrial

Solo sen edificar

652,09 m²

--

30,94 m2 almacén

10,08 m2 pendello 1

21,68 m2 pendello 2

68,19 ml bordo

272,76 m2 pavimento

68,19 ml canle de derivación

3

0359904NH4905N0001HO

Gabesa Gallega de Bebidas, S.A.

Polígono de Sabón, 10

Industrial

Parcela construída sen división horizontal

1.031,29 m²

552,73 m²

--

4

0359907NH4905N0001BO

Ministerio de Fomento

Polígono de Sabón, 12

Industrial

Parcela construída sen división horizontal

--

46,35 m²

87,50 ml peche murete bloque

350,00 m2 aglomerado asfáltico

5

0359908NH4905N0001YO

Pescanova España

Polígono de Sabón, 13

Industrial

Parcela construída sen división horizontal

407,12 m²

318,67 m²