Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 26 de marzo de 2018 Páx. 17439

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2018 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizo de vixilancia e seguridade das dependencias deste instituto en Santiago de Compostela e Pontevedra (expediente IGVS03-17).

1. Entidade adxudicadora:

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: servizo de vixilancia e seguridade das dependencias do IGVS en Santiago de Compostela e Pontevedra (expediente IGVS03-17).

b) Prazo de execución: dous (2) anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: douscentos mil catrocentos noventa e sete euros con setenta e seis céntimos (200.497,76 €).

b) IVE (21 %): corenta e dous mil cento catro euros con cincuenta e tres céntimos (42.104,53 €).

c) Importe total: douscentos corenta e dous mil seiscentos dous euros con vinte e nove céntimos (242.602,29 €).

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 15 de febreiro de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 12 de marzo de 2018.

c) Contratista: Salzillo Seguridad, S.A.

d) Importe de adxudicación: cento oitenta e nove mil corenta e tres euros con seis céntimos (189.043,06 €).

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o procedemento.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2018

A presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo
P.D. (Resolución do 23.6.2010)
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo