Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 22 de marzo de 2018 Páx. 16772

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (781/2017).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 781/2017 por instancia de Manuel Romero Ferrio contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Fraternidade Muprespa e José Manuel Lago Fernández, sobre seguridade social, nos cales se pronunciou sentenza no 7.11.2017 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido.

Desestimar a demanda formulada por Manuel Romero Ferrio contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a mutua Fraternidade Muprespa, e a empresa José Manuel Lago Fernández, absolvendo as citadas entidades xestoras e colaboradoras das pretensións contra eles dirixidas.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da materia, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se for o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e débese anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal é suficiente a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non gozar do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o numero de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de notificación en forma á empresa José Manuel Lago Fernández, expido e asino este edicto.

A Coruña, 2 de marzo de 2018

A letrada da Administración de xustiza