Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 22 de marzo de 2018 Páx. 16771

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (JVB 922/2016).

Mónica Rubia López, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña,

Anuncio.

Que no presente procedemento de xuízo verbal 922/2016 E, seguido por instancia de Julio Quintela Busto, contra Antonio Diéguez Sánchez e Abel Diéguez Neira, foi ditada sentenza no 28 de xuño de 2017.

E, encontrándose os demandados en paradoiro descoñecido, expídese este edicto a fin de que lles sirva de notificación en forma, indicándolles que se poderán dirixir a esta oficina do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, na cal se tramita o procedemento, a fin de teren coñecemento íntegro da citada resolución.

Así mesmo, faise constar que contra a sentenza cabe interpor recurso de apelación no prazo de vinte días desde o seguinte ao da súa notificación.

A Coruña, 2 de febreiro de 2018

A letrada da Aministracion de xustiza