Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 22 de marzo de 2018 Páx. 16769

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 26 de febreiro de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, polo que se comunica a publicación da convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de coordinador/a de enfermaría de Atención Primaria do Centro de Saúde de Bueu.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e no uso das atribucións conferidas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (DOG nº 47, de 7 de marzo), e a Orde do 28 de setembro do 2011 pola que se desenvolve a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés e se delegan competencias nos seus órganos directivos (DOG nº 188, do 30 de setembro), modificada pola Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), o xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés,

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria, para cubrir polo procedemento de libre designación, dun posto de coordinador/a de enfermería de Atención Primaria do Centro de Saúde de Bueu.

Segundo. As retribucións do posto ofertado serán as que correspondan de acordo coa orde anual pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse, preferentemente, no Rexistro da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, sito na rúa Loureiro Crespo, nº 2, Pontevedra, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Dirección do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e do Hospital do Salnés, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) e na intranet da EOXI de Pontevedra e O Salnés.

Pontevedra, 26 de febreiro de 2018

José Ramón Gómez Fernández
Xerente de Xestión Integrada Pontevedra e O Salnés