Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 22 de marzo de 2018 Páx. 16774

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 27 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o requirimento de documentación no procedemento de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia do expediente AC-2010/00259 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións pública (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada a notificación do requirimento de documentación no último domicilio dos interesados sen poder practicala, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo para que no prazo de 15 días contados desde o seguinte ao da data de publicación deste anuncio comparezan no Rexistro de Parellas de Feito para comunicarlles o contido do requirimento de emenda. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

No caso de non facelo, teranse por desistidas da súa solicitude que se arquivará despois do ditame da correspondente resolución.

Os expedientes relacionados atópanse á disposición das persoas interesadas para que poidan consultalo na Xefatura Territorial da Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.

A Coruña, 27 de febreiro de 2018

María Barreiro Lázare
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Nome e apelidos

NIF/NIE/pasaporte

AC-2010/00259

María del Mar Sánchez Pita

32804912N

AC-2012/00199

Yolanda Cacabelos Bretal

52930464N

AC-2013/00097

Daniel Castro Iglesias

33276005L