Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 22 de marzo de 2018 Páx. 16798

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 29 de xaneiro de 2018, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifican as resolucións ditadas no expediente 2006/16-36 tramitado por esta entidade.

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselle a través do Boletín Oficial del Estado á persoa citada no anexo as resolucións do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a notificación ao ignorarse o lugar de notificación.

O correspondente expediente consta no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial en Vigo da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, 8, 1º andar, 36201 Vigo, onde poderá comparecer a persoa interesada para o coñecemento do contido íntegro das resolucións, de luns a venres laborables, e das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, advertíndolle de que de non facelo terase por notificada.

Contra estas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda no prazo de dous meses desde a súa notificación, sen necesidade de reclamación administrativa previa de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Vigo, 29 de xaneiro de 2018

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente: 2006/16-36.

Interesada: Paula Mª Oliveira Faro.

NIE: X08318489K.

Acto que se notifica: resolucións administrativas do 29 de decembro de 2017 e do 19 de xaneiro de 2018.

Efectos xurídicos que producen as resolucións: medida administrativa.