Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 22 de marzo de 2018 Páx. 16800

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 30 de xaneiro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución ditada no expediente 2017/99/27 tramitado por esta entidade.

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada, a resolución ditada polo xefe territorial no expediente administrativo instruído conforme o disposto no artigo 172.1 do Código civil, despois dos intentos de notificación realizados sen que fose posible practicar a notificación ou por descoñecer o domicilio desta.

O expediente atópase á disposición da persoa interesada, ou dos seus representantes debidamente acreditados, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderá comparecer para efectos de ter coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolle de que, de non facelo, se terá por notificada.

A persoa interesada ou os seus representantes, debidamente acreditados, poderán interpoñer recurso contra a resolución recaída no expediente, a cal é definitiva en vía administrativa, ante o Xulgado de Primeira Instancia de Lugo que por quenda lle corresponda, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte á data da súa notificación, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Lugo, 30 de xaneiro de 2018

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2017/99/27.

Persoa interesada: Ionica Turcu.

Enderezo actual: rúa Benigno Vázquez, nº 18, 4º A, 27560 Monterroso (Lugo).

Asunto: Resolución do 16 de outubro de 2017.

Efectos: cambio de medida administrativa.