Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 22 de marzo de 2018 Páx. 16780

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 9 de marzo de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador por infracción na orde social 104/2017 e un máis.

Notifícanse aos interesados, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións dos expedientes sancionadores que se relacionan no anexo I, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día.

Contra a resolución dos expedientes de referencia, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela) a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e no artigo 23 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio (BOE do 3 de xuño), do Regulamento xeral sobre procedemento para a imposición de sancións por infraccións na orde social. O recurso interporase ante o órgano que ditou o acto ou ante o competente para resolvelo.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, estas resolucións serán firmes para todos os efectos.

Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica, os interesados poderán comparecer, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Emprego e Economía Social desta xefatura territorial, sita na avda. da Habana, 79, 7º, de Ourense.

Ourense, 9 de marzo de 2018

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº expte.

Nº acta infracción

Nome/Razón social

NIF/CIF

Último domicilio

coñecido

Data da

resolución

Importe da sanción

104/2017

I322017000030566

Porta Norte Ourense 2017, S.L.

B32480139

R/ Juan de Austria, 13, 32005 Ourense

15.1.2018

626,00 €

105/2017

I322017000030667

Consulting Malexga Orange, S.L.

B32462996

R/ Curros Enríquez, 6, baixo, 32003 Ourense

15.1.2018

6.251,00 €