Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 22 de marzo de 2018 Páx. 16778

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 9 de marzo de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o escrito de trámite de audiencia do expediente sancionador por infracción na orde social X3916760K/24/01/2018/2.2.B e un máis.

Intentada a notificación do escrito de trámite de audiencia ditado polo xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense, polo que se acorda o inicio do expediente sancionador arriba referenciado, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula e segundo o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese a efectuar a notificación por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando condicionada a súa eficacia á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, fáiselles saber que o dito escrito de iniciación do procedemento sancionador non pon fin á vía administrativa e que contra el cabe formular escrito de alegacións, dentro do prazo dos 15 días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), conforme o previsto no artigo 37.3 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio, regulador dos procedementos para a imposición de sancións por infraccións de orde social e para os expedientes liquidatorios de cotas da Seguridade Social.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados, durante este prazo, poderán presentarse ante a oficina de emprego Ourense Centro, situada na rúa Progreso, 11, baixo, de Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido do escrito de trámite de audiencia ditado polo xefe territorial.

Advírteselles aos interesados que, se non formulan alegacións en tempo e forma, a proposta de inicio do expediente sancionador adquirirá firmeza.

Ourense, 9 de marzo de 2018

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: X3916760K/24/01/2018/2.2.B.

Nome: Adiela Flórez Villa.

Concello: Ourense.

Precepto infrinxido: negarse a participar en accións de promoción, formación.

Contido do escrito de trámite de audiencia: inicio do procedemento sancionador, coa proposta de perda de tres meses do dereito á prestación ou subsidio recoñecido.

Expediente: Y0569046V/08/02/2018/2.1.E.

Nome: Estefanny Lisse Robles Guzmán.

Concello: Ourense.

Precepto infrinxido: non manter a inscrición como demandante de emprego.

Contido do escrito de trámite de audiencia: inicio do procedemento sancionador, coa proposta de perda dun mes do dereito á prestación ou subsidio recoñecido.