Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 22 de marzo de 2018 Páx. 16777

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Carballedo (expediente IN407A 2017/79-8551 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310) do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Gas Natural Fenosa Generación, S.L.U.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 1º andar, 32960 Ourense.

Denominación: liña soterrada de media tensión 20 kV servizos auxiliares central hidroeléctrica Os Peares.

Situación: concello de Carballedo.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión soterrada a 20 kV, cun tramo inicial de 573 m en condutor tipo RHZ1-OL e un tramo final de 30 m en condutor tipo RHVS, con orixe na subestación Os  Peares e final na cela de liña existente que alimenta o transformador de servizos auxiliares da central hidroeléctrica Os Peares.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 1 de febreiro de 2018

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo