Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 22 de marzo de 2018 Páx. 16782

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 7 de marzo de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, de procedementos de comunicación da data de ocupación e requirimento das follas de valoración no expediente de expropiación 003/2016 AT no concello de Monforte de Lemos.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT e RBT derivada Fiolleda-Figueira, no concello de Monforte de Lemos, correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Lugo, 7 de marzo de 2018

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: 003/2016 AT.

Entidade beneficiaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT derivada Fiolleda-Figueira.

Concello: Monforte de Lemos.

Predio

Polígono

Parcela

Titular proposto

Data da ocupación

4

26

41

Alejandro López Rodríguez

13.3.2018

6

26

39

Francisco Fernández López

13.3.2018

10

26

33

Hros. de Teresa Fernández López

13.3.2018

11

26

32

Carmen Somoza

13.3.2018

14

26

26

Descoñecido

13.3.2018

16

26

25

Pegerto Rodríguez Valcárcel

13.3.2018

40

19

5

Manuel Rodríguez

13.3.2018