Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 21 de marzo de 2018 Páx. 16696

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 1 de marzo de 2018 pola que se notifica a resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/56/2013-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 13 de febreiro de 2018, resolución en que se declaran ilegalizables as obras consistentes na instalación dun conxunto coas características propias dun uso residencial, aínda que sexa ocasional ou de fin de semana, sen vinculación a unha explotación agrícola ou gandeira, formado por unha caseta prefabricada elevada sobre o terreo mediante unhas lousas de formigón, unha solaina de madeira, que conta con escaleiras de aceso de madeira e que tamén esta elevada sobre o terreo á mesma cota que a caseta prefabricada e unha pérgola, na que hai mobiliario, no lugar de Curro de Rei, parroquia de Triabá, no termo municipal de Castro de Rei, provincia de Lugo, por seren incompatibles co ordenamento urbanístico, e se ordena a súa demolición.

Ao non poder realizar a notificación persoal daquela resolución a Ana María Veiga Cabana, mediante esta cédula, e ao amparo do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase á interesada a devandita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícase á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exercen o seu dereito de presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2018

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística