Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 21 de marzo de 2018 Páx. 16694

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2018 pola que se fai pública a modificación da Resolución do 23 de febreiro de 2018 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, documentalmente simplificado con varios criterios de adxudicación e trámite ordinario, da licitación para a contratación do servizo, suxeito a regulación harmonizada, para a asistencia técnica no control e asesoramento deste organismo aos concellos galegos na explotación das súas instalacións de depuración de augas residuais (clave OH.388.388).

No DOG núm. 44, do 2 de marzo de 2018, así como no DOUE 2018/S 040-087435, do 27 de febreiro e no BOE núm. 55, do 3 de marzo, publicouse a Resolución do 23 de febreiro de 2018 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, documentalmente simplificado con varios criterios de adxudicación e trámite ordinario da licitación, para a contratación do servizo, suxeito a regulación harmonizada, para a asistencia técnica no control e asesoramento de Augas de Galicia aos concellos galegos na explotación das súas instalacións de depuración de augas residuais (clave OH.388.388).

A documentación necesaria, completa e idónea para elaborar as ofertas en relación coa licitación deste contrato foi posta á disposición dos licitadores a través das canles establecidas na normativa de aplicación. Non obstante o anterior, e para os únicos efectos de aclaración e de facilitar a elaboración das ofertas por todos os interesados, reitérase a posibilidade, xa prevista con carácter xenérico nas cláusulas do prego administrativo, no anuncio de licitación publicado e na normativa aplicable, de formular as consultas ou solicitar as aclaracións que se consideren oportunas sobre a aplicación informática Sistema de información de control de estacións depuradoras de augas residuais (Sicedar), reiteración que se fai pública nos diarios oficiais referidos no parágrafo anterior e no perfil do contratante https://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp? N=279887.

Sen prexuízo do anterior, e unicamente para os efectos de aclaración sinalados, realizarase un acto público baixo a dirección e supervisión do técnico competente no cal se atenderá calquera consulta ou aclaración sobre a aplicación informática referida. O acto público terá lugar o día 3 de abril de 2018, ás 10.00 horas, na sala habilitada para o efecto nas dependencias de Augas de Galicia na rúa Doutor Maceira nº 18, baixo, Santiago de Compostela.

Como consecuencia do anterior, modifícase o prazo de presentación de ofertas ou de solicitudes de participación establecido no punto 8 da Resolución do 23 de febreiro de 2018 e a data de apertura en acto público do sobre B prevista no punto 9 da devandita resolución, que quedan fixados nas seguintes datas:

a) Data límite de presentación: 16 de maio de 2018.

b) Data e hora: a apertura en acto público do sobre B terá lugar o 31 de maio de 2018 ás 9.00 horas.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2018

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia