Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 20 de marzo de 2018 Páx. 16342

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2018 pola que se fai pública a encomenda de xestión de execución da obra de acondicionamento hidráulico dun afluente do río Con na rúa Florida. Separata II. Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

A entidade pública Augas de Galicia dá publicidade da seguinte encomenda de xestión realizada, ao abeiro do artigo 10 da Lei 16/2012, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, a unha empresa pública, en cumprimento do disposto no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, e demais normativa que resulta de aplicación na materia:

1) Datos xerais.

Entidade encomendante: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

Actuación: obra.

Tipo de tramitación: encomenda de xestión a medio propio instrumental e servizo técnico do poder adxudicador.

Entidade encomendataria: Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P.

2) Encomenda de xestión.

Título: obra de acondicionamento hidráulico dun afluente do río Con na rúa Florida. Separata II. Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Clave do expediente: OH.436.1134.

Descrición do obxecto: os traballos comprenden as obras necesarias para a inutilización da actual canalización e a construción dunha nova canalización que evacúe as augas desde o inicio da canalización actual na rúa Rodrigo de Mendoza ata o parque da Coca nas inmediacións da rúa Florida, e rematará nun canal aberto de escolleira de 30 m de longo que conduce as augas ata o río Con. Esta segunda fase circunscribe dentro da rúa Florida, onde se executará o tramo de colector entre os pozos II e III.

Orzamento. Importe neto: 216.219,15 euros. Importe total: 261.625,17 euros.

Data de formalización: 8 de marzo de 2018.

Prazo de execución: 2 meses con previsión de ampliación sen que poida implicar incremento do gasto.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2018

A presidencia de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia