Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 20 de marzo de 2018 Páx. 16344

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2018 pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión á Axencia Galega de Infraestruturas para acometer a execución das obras de construción do novo centro de saúde de Salceda de Caselas.

De conformidade co previsto no artigo 9 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á resolución da Presidencia do organismo autónomo Servizo Galego de Saúde, do 7 de marzo de 2018, pola que se lle encomenda á Axencia Galega de Infraestruturas a xestión das actuacións para acometer a execución das obras de construción do novo centro de saúde de Salceda de Caselas (Pontevedra).

– Actividade: encargar á Axencia Galega de Infraestruturas a xestión das actuacións para acometer a execución das obras de construción do novo centro de saúde de Salceda de Caselas.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: a encarga ten natureza intersubxectiva, ao ter a Axencia Galega de Infraestruturas a consideración de medio propio e servizo técnico da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto nos artigos 47 e 48 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o día seguinte ao do asinamento da encomenda, ata o día 31 de xaneiro de 2020.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2018

Jesús Vázquez Almuíña
Presidente do Servizo Galego de Saúde